Información

Inicio escavación na casa de Repil - Arqueoloxía da Guerra Civil

Información
XornalGalicia 14 Abril 2018 222 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

arqueoloxiaguerracivil1Os traballos teñen como finalidade última a reconversión do espazo nun lugar de Memoria aberto á cidadanía cunha perspectiva de Educación para a peaz e a convivencia.

Co gallo da intervención, o próximo sábado 21 de abril terá lugar unha xornada de charlas e actividades na Pobra do Brollón

 

Ademais de escavación, está previsto a realización dun estudio xeofísico do terreno, levantamentos 3D ou baleirado documental.

Os arqueólogos volven á Casa do Facha. Así se coñece a casa situada en Repil que foi empregada como refuxio temporal por un destacamento da guerrilla antifranquista na década de 1940.

Este uso como refuxio, remata de xeito súpeto o 20 de abril de 1949 cando o edificio foi rodeado pola Guardia Civil e os guerrilleiros foron tiroteados e a familia propietaria da casa, detida.

Logo deste suceso traumático para a Comunidade a casa foi abandonada e esquecida mais nunca para Antonio Díaz Amaro, descendente dos propietarios e que mantivo viva a memoria do lugar.

En 2016 o lugar é recuperado polos arqueólogos cunha perspectiva de Arqueoloxía do Conflito e cunha finalidade de converter o espazo nun recurso para a Educación na Paz e na Convivencia.arqueoloxiaguerracivil2

O enclave foi dende 2016 obxecto de diversos estudos de distintas disciplinas incluíndo dende o baleirado documental de revistas e outros documentos da época, a entrevista cos veciños e descendentes dos protagonistas ou o estudo dos materiais arqueolóxicos atopados.

Nesta campaña, ademais da excavación en si, incorporaránse novos métodos como a utilización dun gradiómetro co que se realizará un estudo magnético do subsolo puidendo revelar estruturas non visibles en superficie.

O uso do gradiómetro é idóneo neste momento xa que o lugar se atopa limpo de vexetación logo dos devastadores incendios de 2017. Durante a vaga de lumes o inmoble foi cercado polo lume mais salvado polo esforzo dos brigadistas.

Tal como comenta Xurxo Ayán, director de intervención "Se os incendios foran dous anos antes, a Casa de Repil seguramente sería arrasada, pero no 2017 o lugar xa era un lugar con significado para os mozos brigadistas que participaron na extinción"

Ayán incide na importancia desta segunda intervención arqueolóxica polo deterioro do propio lugar arqueolóxico e pola curta duración da primeira campaña.

A intervención, que está promovida pola Asociación de Veciños María Castaña de Cereixa e o Concello da Pobra do Brollón está conectada á outra gran aposta arqueolóxica do territorio: O Castro de San Lourenzo.

"Temos unha visión integral do territorio e da historia" comenta Ayán, "O que estamos a facer no castro é unha peza máis; o que queremos é reconstruir as formas de vida da parroquia de Cereixa: O castro, María Castaña, a emigración, a Casa de Repil, etc, todo son pezas do mesmo puzzle".

Realización dunha xornada Guerrilleira

Como complemento á campaña de escavación, o próximo Sábado 21 organízase unha xornada con charlas e distintas actividades na Pobra do Brollón:

Na Casa da Cultura Olga Novo de A Pobra do Brollón

10:30 Xurxo Ayán: Arqueoloxías da guerrilla.

11:30 Manuel Gago: Corrían espidos entre o millo: a guerrilla galega entre a realidade, a lenda e aficción.

En Repil

13:00 Homenaxe aos guerrilleiros abatidos en Repil. Música a cargo de Pablo Camarero.

13:30 Degustación de viño Santo Graal e bica de San Lourenzo.

Na Vella Taberna

16:30 Celtia Rodríguez e Mario Saturnino Pereiro: Arqueoloxía da Cidade da Selva

17:30 Xiana Vilar: Turismo memorial da guerrilla en Galicia.

18:30 Alejandro Rodríguez e Xurxo Ayán: A guerrilla antifranquista en Galicia-León (1944-1952). Que pasou en Repil?

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

El Deportivo de Escotet el Venzolano se queda a un paso del título y de la Fase de Ascenso

    El Deportivo  hizo los deberes en la última jornada de liga en el grupo 1º de Se...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....