Información
Portada

50 anos de Economía en Galicia reúne numerosos especialistas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Información
13 Abril 2018 884 votos

O Congreso ‘50 anos de Economía en Galicia’ desenvólvese na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais como unha das grandes citas do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da posta en marcha destes estudos, precisamente na USC. A partires do encontro publicarase un número especial da Revista Galega de Economía.

 

A súa inauguración contou coas palabras do reitor, Juan Viaño Rey; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e máis da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas, que explicou o obxecto do cónclave: “Queremos dar a coñecer á sociedade a importancia que para o seu desenvolvemento teñen os nosos estudos, e pensamos que a mellor forma é mostrar, con exposicións de distintas temáticas, cal é a situación actual da economía galega e a súa evolución nos últimos anos”.

A primeira mesa da xornada encarou a nova organización empresarial e contou coa presenza de importantes directivos do país, como José Antonio Varela González, Justino Bastida Calvo, Ramón Domínguez Rego, José Ramón Pérez Nieto, José Gabriel Barreiro Pérez e José María Fonseca Moretón, en representación do tecido empresarial galego. Poboación, condicións da vida foi a temática da segunda cita, coas achegas de María Xosé Rodríguez Galdo, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, Eduardo Pis Sánchez e Bernardo Pena Trapero.

A terceira sesión centrouse na formación universitaria da man de José Díez de Castro, José Carlos De Miguel, Eduardo López Pereira e Emilia Vázquez Rozas, mentres que no seguinte panel sobre os cambios no sector industrial participaron Xoán Carmona Badía e Xan López Facal, encarando as principais mudanzas e permanencias na industria durante os cincuenta anos de vida dos estudos universitarios de economía en Galicia.

Xa pola tarde, Fernando González Laxe e María Do Carme García Negro falarán da importancia do sector pesqueiro, e María del Carmen Guisán Seijas e Maite Cancelo Márquez analizarán a evolución positiva da industria en Galicia durante o período 1990-2007, así como as negativas consecuencias da crise sobre o índice de produción industrial.

A última sesión da xornada de xoves, Recursos enerxéticos e mineiros, abordará a súa andaina e máis as súas perspectivas de futuro con a Xoán Doldán García, Rosa Regueiro  Ferreira e Xosé Antón Rodríguez González.

Xornada de venres
 O Congreso afrontará na sesión do venres o mercado de traballo; os sectores agrario e forestal; o turismo como fonte de riqueza; os servizos financeiros e os cambios na banca; o gasto público; e a situación de Galicia en España e na UE.

A primeira cita, Mercado de traballo, reunirá a Alberto Meijide Vecino, Melchor Fernández Fernández, Laura Hospido Quintana e Juan Ramón García López, mentres que sobre os cambios no sector agrario e forestal falarán Xosé Luis Quiñoá López, Edelmiro López Iglesias e María Loureiro García. A continuación, María Nava Castro Domínguez, Jose Antonio Fraiz Brea e Fidel  Martínez Roget afrontarán o turismo como fonte de riqueza.

Xa pola tarde, ‘Servizos financeiros e os cambios na banca’ é o título do relatorio con José Antonio Redondo López, Juan Ramón Quintás Seoane e Francisco Domínguez Martínez. A sesión sobre a evolución e control do gasto público estará a cargo de Luis Caramés Viétez e Miguel Ángel Vázquez Taín e, coma peche, ‘Galicia en España e na UE’ sumará a Emilio Pérez Touriño e Jaime Barreiro Gil.

O congreso clausurarase este venres ás 18.00 horas coa presenza do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Maria Dolores Álvarez Pérez; e a decana da Facultade.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....