Información
Portada

Loli Toja amosa o seu apoio a unha supresión progresiva dos descartes “para que poida ser un compromiso viable

Información
12 Abril 2018 1093 votos

Loli Toja Fremss e ArviO Grupo Socialista amosou o seu apoio ao Manifesto para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola flota da UE, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social. Así o dixo Loli Toja no debate dunha proposición non de Lei neste sentido que foi presentada conxuntamente polos catro grupos parlamentarios e aprobada no Pleno de hoxe.

 

A portavoz de Pesca trasladou o apoio do Grupo Socialista a esta proposta e sinalou que “a eliminación dos descartes ten que ser progresiva para que poida ser un compromiso viable” e reivindicou unha actuación proactiva da Consellería do Mar para reverter esta situación diante da obriga de eliminar os descartes en xaneiro de 2019.

Respaldou a posición da Fremss a favor da conservación dos ecosistemas mariños pero buscando un equilibro coa actividade pesqueira, xa que tal e como está establecida a obriga de desembarque “pode poñer en perigo a sustentabilidade socioeconómica da estrutura pesqueira e o emprego do sector produtivo”.

Coa disposición da UE, todo o exceso de cota pesqueira é considerado como descarte, e hai que desembarcalo, obrigando a levalo a terra ocupando espazo nas embarcacións, implicando unha maior carga de traballo e menor rendibilidade da actividade pesqueira.

Apuntou que a UE “é incapaz de establecer un modelo de xestión que permita á flota española do Cantábrico, sobre todo á galega, capturar xarda con cota suficiente para non ter que descartala”.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....