Información
Portada

12 Deputados do Partido Popular e Manuel Martínez aproban no Pleno Extraordinario deste martes un acordo “ilegal”.

Información
11 Abril 2018 1706 votos

- É a 1ª vez que se vota a favor dunha proposta que conta con cinco informes xurídico-administrativos desfavorables e sobre a que se advirte da súa manifesta ilegalidade
- A encomenda de 2010 foi para a construción dos centros de maiores e segue vixente. Os primeiros convenios cos Concellos foron para as obras
- Deputación e Concellos acordaron cos técnicos un modelo de xestión que cumpra a lei ante os cambios normativos dende 2010 e garanta prazas para todos os lucenses

 

Os 12 Deputados do Partido Popular e Manuel Martínez aproban no Pleno Extraordinario deste martes un acordo “ilegal”. É a 1ª vez na historia da Deputación, que se vota a favor dunha proposta que conta con cinco informes xurídico-administrativos desfavorables (Secretaria Xeral, Asesoría Xurídica, Intervención, Contratación e Benestar) e sobre a que se apunta textualmente e se remarca o seguinte: como conclusión, non cabe senón advertir da manifesta ilegalidade dos acordos que se pretenden adoptar, sinalando que así constará na acta da sesión.

O acordo que presentou o Partido Popular é o seguinte: ratificación da eficacia da encomenda de xestión á entidade mercantil SUPLUSA aprobada polo Pleno da Deputación Provincial de Lugo con data 26/10/2010 e da declaración da continuidade da sociedade como medio propio e servizo técnico da institución provincial para a prestación do servizos sociais.

A petición da ratificación da encomenda de xestión á SUPLUSA desvela as reiteradas e manifestadas mentiras pronunciadas ao respecto, pois asegurouse que o Goberno da Deputación quitara esta encomenda a dita sociedade mercantil. De ser certo isto, hoxe debería terse solicitado, en todo caso, a súa continuidade. O certo é que a encomenda de 2010, que é para a construción dos centros de maiores, segue vixente, tal e como sempre se dixo e se acreditou con documentación oficial. De feito, na Xunta de Goberno do 9 de marzo, o Executivo da Deputación ordenou a SUPLUSA que execute a encomenda e continúe coas obras das residencias.

Ao respecto da petición do Partido Popular sobre a declaración da continuidade da sociedade como medio propio e servizo técnico da institución provincial para a prestación de servizos sociais, cómpre destacar que SUPLUSA non pode recuperar a súa condición de medio propio sen cumprir coas leis que rexen as encomendas de xestión, tal e como recollen os cinco informes xurídico-administrativos presentados ao Pleno. É dicir, isto non é un mandato político senón normativo, pois hai que cumprir as leis.
Como sempre se asegurou e se acreditou con documentación oficial, na Xunta de Goberno do 9 de marzo, o Goberno da Deputación retira a SUPLUSA a súa condición de medio propio debido aos seus múltiples incumprimentos, pois non atende as directrices da súa matriz, que é a Deputación. Por exemplo, negouse a asumir a prestación dos catamaráns, a entregar ao organismo provincial as liquidacións de 2016 ou a documentación dos centros de maiores finalizados, entre outras cuestións. No acordo de dita Xunta de Goberno, tamén se apunta que SUPLUSA pode recuperar a súa condición de medio propio cando regularice a súa situación, é dicir, cumpra a lei.

Ao respecto dos centros de maiores e ante as manifestadas mentiras ou manipulacións pronunciadas ao respecto cómpre aclarar o seguinte:

1.- A encomenda aprobada en 2010 foi para a construción dos centros de maiores.
2.- Os primeiros convenios cos Concellos foron para as obras. De feito, a Deputación comprometía un investimento de 1,2 millóns e os Concellos a colaborar cos 200.000 euros, achegando os terreos e os servizos urbanísticos.
3.- A Deputación definiu recentemente o modelo de xestión dos centros de maiores cos Concellos, respectando a autonomía municipal e tendo en conta que son os Concellos os que teñen as competencias directas na materia. Fixérono en reunións dos representantes políticos cos Secretarios e Interventores provinciais e municipais para, ademais de cumprir coa vontade política de que as prazas sexan para todos os lucenses, acadar un modelo que cumpra rigorosamente a lexislación vixente, pois dende a posta en marcha da rede pública de residencia e centros de día no 2010 producíronse significativos cambios normativo que fixaron novos límites ás administracións públicas en materia orzamentaria, contratación ou emprego público.

 

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....