Información

A única persoa que "cree" en Cifuentes e Feijóo por interés para suceder a Mariano Rajoy a fronte do PP Nacional

Información
XornalGalicia 10 Abril 2018 470 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

feijoocifuentes talparacualO secretario xeral do PSdeG presidiu este luns a primeira xuntanza da executiva que se desenvolve fóra da sede do PSdeG en Santiago, na que exerceu como anfitrión o alcalde de Ames e advirtiu que Feijóo  "Estase esquecendo da exemplaridade pública" ao mostar seu apoio inciondicional a Cristina Cifuentes e seu Master.

 

 O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou este luns que Feijóo teña decidido manter o seu apoio a Cristina Cifuentes, cando "xa ninguén en toda España" cre a súa versión sobre o master, pensando unicamente "na súa promoción dentro do PP". "Estase esquecendo da exemplaridade pública", advertiu.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos instou a Feijóo a abandonar "os seus cálculos aritméticos para intentar loitar pola sucesión de Rajoy" e a poñerse do lado "da defensa da transparencia e da calidade da universidade pública". "Queremos que lidere a rexeneración e a loita contra a corrupción que o PP non está asumindo", esixiu, antes de reclamar a Feijóo que "rectifique" as súas palabras de que "cre que Cifuentes non está a mentir".

Así o dixo Gonzalo Caballero en declaracións aos medios trala primeira reunión "itinerante" da Comisión Executiva Nacional Galega que este mesmo luns tivo lugar en Ames, e despois de coñecer que ata Ciudadanos ten demandado a dimisión da presidenta madrileña polas "evidentes irregularidades" no caso do master.3c57df06 3f6b 4112 be30 e2f8957eab80

Con todo, o secretario xeral do PSdeG non obviou "o cinismo que está mantendo en cuestións de rexeneración política" o partido que lidera Albert Rivera en conivencia cos populares. "Hai unha realiñación das forzas conservadoras para xerar unha burbulla laranxa coa que o PP poida ter un bastón e gobernar distintos territorios", reprobou.

O GOBERNO DE AMES, "UNHA REFERENCIA"

No que atinxe á primeira destas executivas "itinerantes", Gonzalo Caballero explicou que comezan nun concello gobernado por un socialista, José Miñones, quen ademais forma parte do órgano de dirección do PSdeG como secretario executivo de Política Municipal.

Deste xeito, como sinalou, a directiva dos socialistas amplía o seu contacto coa militancia e cos concelleiros e cargos públicos do partido nos distintos territorios.

No caso de Ames, o líder do PSdeG destacou que o goberno local é "unha referencia" pola súa política social e pola "estabilidade" que aporta ao concello. "Estamos moi orgullosos do traballo que se está facendo", valorou.

EMENDAS AOS ORZAMENTOS ESTATAIS

Ademais, na reunión da Comisión Executiva Nacional Galega abordáronse as emendas que os deputados socialistas presentarán aos orzamentos do Estado no Congreso para acadar un nivel de inversión "digno" en Galicia.

No caso de Ames, José Miñones lamentou o "esquecemento" das infraestruturas no seu concello pese ao "compromiso" de Fomento en relación á estrada N-550. "Non aparece nada", criticou do proxecto de orzamentos.

Por tanto, agradeceu que a executiva aprobara introducir unha emenda para demandar a rotonda de entrada das Galanas para desviar o tráfico pesado, a rotonda en altura xa orzamentada no pasado e o estudo dunha nova variante.

Nesta reunión da executiva, que estivo precedida dun encontro de Gonzalo Caballero co equipo de dirección do partido a nivel local, participou tamén Guillermo Meijón, o deputado socialista encargado dos orzamentos no Congreso.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi