Información
Portada

Denuncian a reducción no entro de Saúde da Laracha, os espazos para aparcamentos de vehículos tanto para as persoas con movilidade reducida como as que teñen que acudir ao Centro de Saúde

Información
06 Abril 2018 749 votos

Desde o Grupo Municipal do BNG da Laracha presentaremos unha iniciativa na que demandamos medidas no entorno do Centro de Saúde da Laracha, onde se viron reducidas substancialmente as posibilidades de aparcamento logo das obras realizadas nas rúas desa zona. Neste centro son atendidas as persoas de 12 das 13 parroquias do concello (todas agás Caión), e moitas das que acuden habitualmente son persoas maiores e con mobilidade reducida que se atopan con que non teñen un sitio cercano ao edificio do centro de saúde onde poder aparcar, aínda que sexa por un tempo limitado para poder baixar á persoa maior e axudala a entrar no edificio e colocala na sala de espera, tendo que facer desprazamentos longos desde onde aparcan coa dificultade que iso conleva para moitas delas.

 

Por outra banda, tamén consideramos moi necesario o incremento das prazas de aparcamento na zona, polo que entendemos que se debe habilitar un aparcadoiro libre nese entorno.

Xoán Manoel Sande Muñiuz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Despois das últimas obras feitas nas rúas do entorno do Centro de Saúde da Laracha, víronse reducidos os espazos para aparcamentos de vehículos tanto para as persoas que teñen que acudir ao Centro de Saúde como para as que viven na zona. Son moitas as persoas maiores e con mobilidade reducida que teñen que acudir ao Centro de Saúde a diario, pois como é lóxico son as que máis atención médica necesitan, e atópanse co problema de non poder aparcar cerca da entrada do centro tendo que desprazarse en ocasións distancias importantes (coa enorme dificultade coa que o fan moitas delas, co apoio das persoas que as acompañan).

Desde o BNG consideramos necesario que se habiliten, na área máis próxima ao Centro de Saúde, algunhas prazas de aparcamento con tempo limitado no horario de funcionamento do centro, de xeito que os vehículos nos que se desprazan persoas maiores e con mobilidade reducida poidan achegarse o máis posible ao edificio para non teren que facer desprazamentos longos á hora de acudir ás consultas. Ao mesmo tempo, entendemos que é necesario tamén incrementar os aparcamentos libres pois víronse reducidas as posibilidades de aparcar nesa zona tanto para as persoas usuarias do Centro de Saúde como para as que viven nos edificios desas rúas, polo que desde o noso punto de vista sería necesario habilitar un aparcadoiro libre no lugar, o que podería facerse adquirindo o concello algún terreo ou negociando cos propietarios unha cesión ou alugueiro (como no caso do aparcadoiro que se habilitou en Paiosaco).

Por todo isto, solicitamos a adopción dos seguintes ACORDOS:

1.- Habilitar unha serie de aparcamentos con tempo limitado na área máis próxima ao Centro de Saúde, no horario de atención do centro.

2.- Habilitar un aparcadoiro libre no entorno do Centro de Saúde, ben sexa coa adquisición dalgún terreo próximo ou negociando cos propietarios dos terreos unha cesión ou alugueiro.

A Laracha, 6 de abril de 2018

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi