Información

Esquerda Unida esixe a Rajoy e Feijóo que paralicen a venta do Pazo de Meirás e que se incorpore ao patrimonio público de Galicia

Información
XornalGalicia 17 Febrero 2018 1385 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Vimos de coñecer a intención da familia Franco de lucrarse coa venta do Pazo de Meirás por un valor de 8 millóns de euros, este inmoble catalogado como Ben de Interese Cultural no 2008 foi arrebatado ao pobo galego a través da presión e extorsión do réxime franquista, obtendo así a propiedade de maneira ilexítima.

“En setembro deste pasado ano 2017, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo afirmaba que dende o goberno se estudiarían todas a opcións posibles para recuperar para o público este pazo que debera ser xa titularidade de todas as galegas e galegos”

, manifestaba a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, quen incidía en que “a día de hoxe non coñecemos ningunha soa medida nin ningún estudo xurídico por parte do goberno do PP para recuperar esa propiedade. Pero si nos atopamos coa noticia de que a familia do ditador sanguento e totalmente impune a día de hoxe, sendo España o segundo país do mundo con máis persoas desaparecidas e milleiros de asasinados e torturados, pode lucrarse coa venda ignominiosa dun pazo que non debera estar en mans desta familia e si en mans do pobo”.

Ás continuas vulneracións legais da xestión e uso deste Pazo por parte da Fundación e dos descendentes do ditador, súmase agora o intento de lucro coa venta dun patrimonio de propiedade ilexítima obtido a través da extorsión e ao que hai que engadir, a ausencia total desta comunicación –segundo a información que temos ata o de agora- á administración pública.

Dende Esquerda Unida denunciamos esta situación e advertimos que aínda non tivemos resposta por parte da xustiza no relativo á denuncia que presentamos o pasado mes de setembro ante a Fiscalía con motivo das declaracións realizadas dende a Fundación Francisco Franco por indicios de delito de odio, aldraxe ás vítimas do franquismo e declaracións que negan crimes de lesa humanidade. A mesma Fundación que ademais de enaltecer e facer apoloxía do franquismo, xestiona e incumpre coas obrigas legais de apertura ao público deste monumento declarado BIC no ano 2008.

“Dende Esquerda Unida denunciamos a impunidade total da familia Franco e a mofa que supón á democracia e ao pobo galego esta situación de apropiación e posible venta ilexítima do patrimonio roubado e esixiremos unha resposta ao goberno do Partido Popular”, di Eva Solla.

Por todo isto, dende Esquerda Unida esiximos a paralización desta venta e consideramos imperativo acadar unha nova Lei de Memoria Histórica que restitúa os bens que son públicos e patrimoniais ao pobo. 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi