Información
Portada

CCOO e UGT anuncian calendario continuado de mobilizacións en defensa do sistema público de pensións

Información
12 Febrero 2018 1043 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

As Comisións Executivas provinciais de UGT e CCOO fan público o calendario provincial de MOBILIZACIÓNS CONXUNTAS POLAS PENSIÓNS, enmarcadas no proceso reivindicativo acordado a nivel estatal entre as confederacións de CCOO e UGT e as federacións de pensionistas e xubilados de ámbalas dúas organizacións sindicais, e convocan a toda a cidadanía a que participe activamente nos actos convocados.

 

 

Para UGT e CCOO, a fonte de financiamento que mellor pode garantir un bo sistema de pensións «é a creación de máis emprego e que este sexa de calidade». Para iso, cómpre mellorar a produtividade dos factores de produción, transitando cara a un modelo de crecemento baseado na innovación, pero sen deixar de impulsar, desde os orzamentos públicos, actividades intensivas en man de obra e que xeren oportunidades de emprego para todas as persoas desempregadas, ao tempo que se atenden necesidades da sociedade.


O Goberno renunciou a adoptar medidas que aumenten os ingresos do sistema público das pensións. Ademais, sobreutiliza o Fondo de Reserva mediante a suspensión dos límites máximos de disposición que prevía a lei, dando lugar ao seu consumo anticipado.


Do mesmo modo, CCOO e UGT consideran que a reforma de pensións imposta unilateralmente en 2013 busca reducir a medio e longo prazo o gasto en pensións pola vía da diminución do poder adquisitivo das pensións, o que conduce ao colectivo de pensionistas e xubilados a unha perda moi significativa da capacidade adquisitiva das pensións, situación que, no caso da provincia de Ourense, vese agravada ano tras ano por termos o valor da pensión media inferior ao estado.    

 

Calendario mobilizacións de UGT e CCOO en Ourense

CCOO e UGT en defensa do sistema público de pensións

 

Concentracións

  • · 15 de febreiro: ás 11:30h. - CONCENTRACION - diante Subdelegación do Goberno
  • · 1 de marzo: ás 11:30h. - CONCENTRACION - diante INSS
  • · 22 de marzo: ás 11:30h: CONCENTRACIÓN - diante INSS

Recollida sinaturas e reparto octavillas informativas

  • · 19 de febreiro: de 11:00h. a 13:00h. - Rúa do Paseo (diante Centro Cultural Anxel Valente)
  • · 21 de febrero: de 11:00h. a 13:00h. - Parque San Lázaro (diante Edificio Sindical)

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...