Información
Portada

Manifestación nacional de mulleres do domingo 4 de marzo en Vigo contra as políticas de Feijóo e do PPdeG

Información
10 Febrero 2018 2606 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional de mulleres que o domingo 4 de marzo, dende ás 12:00 horas, percorrerá as rúas de Vigo, no marco das mobilizacións organizadas arredor do Día Internacional da Muller Traballadora e da folga de mulleres convocada para este 8 de Marzo.

 

A convocatoria, impulsada pola Asemblea Galegas 8M, xorde, tal e como recollen no seu blogue “da necesidade de repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Con estes obxectivos, e a través de convocatorias e xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas de todo o país, diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecemos a rede e comezamos a traballar na organización da manifestación nacional do Día das Mulleres deste 2018”.

O colectivo fai un chamamento a participar activamente na xornada de folga de mulleres convocada a nivel internacional para o vindeiro día 8 de marzo. Unha folga que vai máis alá do paro laboral, facendo un chamamento tamén a realizar unha folga de coidados e de consumo, que axude a visibilizar as discriminacións e desigualdade, a visibilizar o contributo das mulleres tanto na esfera produtiva como reprodutiva, e pretende tamén darlle pulo ás convocatorias que terán lugar o propio día 8 nas diferentes localidades do país.

O 8 de Marzo, as mulleres galegas paramos!

Paros laborais

O 8 de Marzo a CIG ten convocada folga de mulleres con paros laborais de dúas horas por quenda de traballo, que se concretarán no seguinte horario:
•    de 00h a 02 horas
•    de 12 a 14 horas
•    de 19:30 a 21:30 horas

Desde a Secretaría das Mulleres da CIG chamamos ao paro ás estudantes, xubiladas, desempregadas, asalariadas (funcionarias, fixas, eventuais, etc.);  a que todas as mulleres deixemos o que esteamos a facer e paremos para que entendan que non imos permitir máis ataques aos nosos dereitos.

Temos que seguir co labor divulgativo en todos os centros de traballo, convocando e participando activamente nas asembleas de empresas, informando e convencendo da necesidade de ir á folga, man a man coas asociacións de mulleres, veciñais, nos centros de ensino, nas entidades culturais e deportivas, coas organizacións e colectivos feministas -como a Asemblea Galegas 8M- para lograr que o vindeiro 8 de Marzo as mulleres galegas paremos.

Máis información sobre a Asemblea Galegas 8M en:

Blog: https://galegas8m.wordpress.com/multimedia/

Twitter: @galegas8M

Facebook: @galegas8M

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...