Información
Portada

A ILP na defensa do Bosque presentarase publicamente en Lalín e Ferreira de Pantón

Información
07 Febrero 2018 1328 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Nos vindeiros días realizaranse novos actos públicos de presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Defensa do Bosque Autóctono e de loita contra os incendios forestais. Mañá, xoves, presentarase na vila de Lalín (Pontevedra), e pasado venres, farase o mesmo en Ferreira de Pantón (Lugo).

 

Mañá xoves, 8 de febreiro, as entidades promotoras da ILP, Cousa de Raíces e a Alianza Rural Galega, realizarán unha charla explicativa sobre a razóns que impulsan a Iniciativa e os contidos normativos que pretenden levar a debate no Parlamento Galego. Tras a charla, celebrarase unha xuntanza con persoas e coletivos interesados en colaborar na difusión da ILP e na recollida de sinaturas. Farán falla cando menos 10.000 sinaturas para poder debater o texto lexislativo no Parlamento.

O acto terá lugar no Círculo de Recreo de Lalín, a partir das 20.30 horas.

O este venres, 9 de febreiro, as entidades promotoras, coa colaboración do colectivo local Segredos de Pantón, levarán á vila de Ferreira de Pantón unha mesa redonda sobre a ILP e o valor do bosque galego. Intervirá Adela Figueroa Panisse como membro da Comisión Promotora da ILP e, a continuación, falará Antonio Manuel Estévez Prieto, autor dun estudo que compara a rendibilidade económica do carballo fronte o eucalipto.

Nesta ocasión, o acto terá lugar no Edificio sociocultural da Praza do Concello de Pantón, a partir das 17.30 horas.

Nos dous actos recolleranse sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Día 16, 17 y 18 (continuación). P.A. 14/17. 9.30 horas. Estafa....

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

Sección primera.

Días,...

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF),...

El próximo Martes 15 de Enero a las 12.30 horas, se presentará...