Información
Portada

A Dirección do Leite do SLG denuncia a parálise da Xunta diante dos baixos prezos no sector e da aplicación do decreto de xurros

Información
06 Febrero 2018 2370 Votos

Medio Rural segue sen facer nada diante da inminente sinatura de novos contratos en marzo e de seguirmos padecendo os valores máis baixos do Estado e da UE

Tras reunirse, a Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego vén de expresar a súa fonda preocupación polos últimos datos sobre o sector publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), correspondentes a decembro de 2017, que reflicten o estancamento duns prezos que, na Galiza, seguen a ser os peores do Estado xunto cos de Baleares (32'2 céntimos por litro, 1 céntimo menos que a media estatal) e continúan a estar moi por baixo da media europea (37'76 céntimos).

Polo demais, estes datos de decembro serviron para constatar que o ano 2017 saldouse no sector lácteo galego co peche de 463 granxas ao pasar das 8.477 de xaneiro ás 8.014 de decembro. É moi posible que, a estas alturas, Galiza xa teña menos de 8.000 explotacións lácteas.

Esta situación tan preocupante contrasta con ton triunfalista da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que non deixa de falar do ben que está o sector lácteo na Galiza alí onde vai, ao tempo que non move un dedo para tratar de reconducir a anomalía de que a Galiza non se beneficie da suba de prezos que se veu producindo en toda Europa ao longo de 2017.

Asturias, cos deberes feitos en prezos e xurros

E mentres a nosa conselleira dedica os seus esforzos a campañas publicitarias e propagandísticas, os seus colegas de comunidades veciñas fan os deberes que esixe o sector lácteo. Sen ir máis lonxe, a semana pasada publicábase na veciña Asturias -onde o prezo medio do leite en decembro foi de 35'4 céntimos- o decreto que exime da obriga de enterrar os xurros a máis do 90% do territorio do Principado. Na Galiza, os nosos gandeiros e as nosas gandeiras seguen sen saber que pasará con esta cuestión e outras cruciais das que depende o seu futuro. Cómpre saber que o decreto dos xurros, deseñado por persoal técnico nos despachos, non ten razón de ser, pois os estudos indican que as principais causantes da contaminación por amoníaco son as granxas intensivas de porcino (17'5%) e os abonos de síntese (o 20%). Pola contra, o sector do vacún só é responsable do 4'4% destas emisións, o que fai que a Cornixa Cantábrica, incluída Galiza, sexa unha das zonas menos contaminadas do Estado. Non queremos ser mal pensad@s, pero o feito de que a actual ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, teña sido directiva de Fertiberia -en palabras da propia industria “empresa líder en el sector de los fertilizantes en la Unión Europea y uno de los principales operadores mundiales en el mercado del amoniaco”-, non nos dá ningunha confianza.

O traballo inmediato que se agarda dunha conselleira de Medio Rural na Galiza: Fronte común contra o decreto dos xurros e negociación de prezos antes de marzo

Dado que enterrar os xurros pode implicar un altísimo custe para o sector -inxectores mecánicos, tractores con máis potencia- e non vai resolver un problema do que as nosas granxas lácteas non son as causantes; e dado que ese decreto permite exencións como a de Asturias só en 2018, pero despois será de obrigado cumprimento; preguntámonos se a conselleira de Medio Rural ten intención de facer fronte común cos seus colegas da Cornixa para frear este despropósito que ameaza con socavar aínda máis a castigada economía das nosas granxas.

De paso, se lle acorda reunirse cos axentes do sector para dilucidar as causas que fan de Galiza case o único lugar de Europa no que apenas subiu o prezo do leite para tentar articular solucións, non sobraría. Neste senso, dende a Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego, queremos lembrarlle a Ángeles Vázquez que en marzo asinaranse os novos contratos no sector; agardamos que, para daquela, xa teña feito o traballo e xestións necesarias para que, na Galiza tamén, se revisen á alza os novos prezos que impoña a industria de acordo cuns valores máis acordes aos que cotiza o leite no resto da Unión Europea.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi