Información
Portada

Ribadavia, acolle o Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través

Información
02 Febrero 2018 1566 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

No día de onte a Deputación de Ourense foi o escirio da presentación do LXXXIII Campionato de Galicia de

campo a través no que supón a conta atrás da máis importante cita da tempada atlética invernal na nosa

Comunidade.

 

Como xa viñera acontecendo nas dúas últimas tempadas, a Area Recreativa de “A Veronza” no Concello de

Ribadavia será de novo a sede o domingo día 4 a partir das 10:30 horas, deste importante evento que contará,

malia as notables ausencias, con todos os ingredientes para gozar dun emocionante espectáculo deportivo.

Na categoría absoluta masculina e ante ausencia do actual campión, Lolo Penas, son varios os aspirates que

estarán na loita polo título autonómico. Entre eles cabe citar a Manuel Hurtado que ven de gañar o Cros Curto

por clubs de A Rúa fai unha semana, Alejandro Fernández que logo de estar un ano lesioado acude a esta cita

despóis de impoñerse fai uns meses na San Martiño, Pedro Nimo con seis títulos de Campión Galego nas súas

costas ou mesmo Alejo Ares cuia progresión fan del un home a ter moi en conta.

A categoría feminina non deixará de ser menos interesante xa que a loita entre Esther Navarrete, que defende

título, e Leti Fernández, nun excelente estado de forma, acaparará a atención de boa parte do público. Xunto

elas estará tamén na loita Sandra Mosquera, que o ano pasado xa acadara o subcampionato neste mesmo

escenario.

A nivel de equipos todo moi aberto cun serio aspirante en ambas categorías, o ADAS-Proinor, que saería moi

fortalecido dos seus trunfos no cros curto de A Rúa, malia elo non haberá que perder de vista nin a Gimnástica

de Pontevedra, Comesaña S.C. nin ó Atletismo Santiago. Atención de igual modo ó Miller Runing Club que ó

igual que fixera fai unha semana, podería de novo dar a surpresa e "colarse" no podium.

Si todo esto acontece a nivel individual e por clubs, a nivel de Selección Galega cóntase co engadido de estar en

xogo as prazas que dan acceso a representar a nosa Comunidade no Campionato de España de Campo a Través

que se desenvolverá en Mérida o vindeiro día 10 de marzo e na que lembramos que se seleccionan directamente

os cinco primeiros atletas homes senior así como os tres primeiros do resto de categorías.

Facendo un pouco de historia e estatística, lembramos que a atleta que máis Campiontos de Galicia de Campo

a través ten é a mítica atleta viguesa Estela Estévez con oito títulos acadados nos anos 1982, 1984, 1986, 1988,

1989, 1990, 1991 e 1994.

Xa na categoría masculina, son tres os atletas que comparten esa distinción con seis títulos cada un: Estanislado

Durán (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1985); Alejandro Gómez (1989, 1993,1994, 1995, 1996, 1997) e o xa

citado Pedro Nimo que caso de gañar en Rivadavia convertiríase no atleta masculino máis laureado ( 2005, 2006,

2007, 2008, 2013 e 2014).

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600