Información
Portada

Día Mundial dos Humidais: os humidais urbanos son terreos valiosos, non baldíos

Información
02 Febrero 2018 3051 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais

A metade da humanidade vive en áreas urbanas. Esa proporción chegará 66% en 2050 cando máis persoas cheguen ás cidades en busca de mellores empregos e unha vida social activa. As cidades xeran preto do 80% da produción económica mundial. A expansión das cidades e o aumento da demanda de terra trae consigo presións para os humidais, que se degradan, rechean e usan como terra para a construción. Porén, as zonas húmidas urbanas que permanecen intactas ou son restauradas contribúen a que as cidades sexan máis habitábeis.

Reducen enchentes
Os humidais poden actuar como esponxas xigantes para absorber a auga das enchentes: ríos, charcas, lagos e xunqueiras absorben e almacenan abundantes choivas. Nas cidades costeiras, marismas e mangleiros constitúen un amortecedor contra as mareas de tempestade.

Proporcionan auga potábel
Os acuíferos subterráneos, as augas pluviais e os ríos son a fonte de case toda a auga potábel. Os humidais poden filtrar a auga que entra nos acuíferos e axudan a recargalos. A protección dos ríos e a redución de escorrentía nociva tamén pode contribuír a protexer as reservas de auga.

Filtran os residuos e melloran a calidade da auga
O chan rico en sedimento e a abundante vexetación das zonas húmidas poden funcionar como filtros de auga ao absorber importantes cantidades de toxinas, pesticidas agrícolas e residuos industriais. Os humidais urbanos poden contribuír ao tratamento das augas residuais das casas.

Melloran a calidade do aire nas cidades
Os humidais producen aire húmido debido aos seus altos níveis de auga e a súa abundante vexetación. Isto arrefría naturalmente o aire circundante, que é un alivio tanto para as cidades tropicais como nos climas onde o aire é extremadamente seco.

Promoven o benestar humano
Os humidais urbanos ben deseñados e conservados como as zonas verdes das cidades ofrecen espazos para recreación de persoas e acceso a unha diversidade de plantas e animais. Hai estudos que confirman que a interacción coa natureza reduce o estrés e mellora a saúde das persoas.

Son un modo de vida para as persoas
Moitos tipos de peixes desovan e reprodúcense nos humidais facéndoos moi apreciados pola pesca. As zonas húmidas proporcionan produtos valiosos para os habitantes locais, como canas e herbas para fabricar tecidos así como froitas e plantas e medicinais. Ademais, as zonas húmidas atraen ao turismo, outra importante fonte de emprego.

Galiza, suspenso en xestión dos humidais

Galicia é o territorio do Estado con maior diversidade de lagoas, brañas, xunqueiras, bosques húmidos e turbeiras, que ocupan máis de 7.600 hectáreas. Apesar desta diversidade e de que en 2007 a Xunta inventariou uns 1100 humidais, só cinco gozan de protección legal específica acollidos baixo o convenio Ramsar: as rías de Ribadeo e Ortigueira e a de Ribadeo, a lagoa de Valdoviño (Frouxeira), o Complexo Húmido de Corrubedo e o Complexo intermareal Umia-Ogrobe.

A xestión inadecuada destes ecosistemas unida ás nulas políticas de protección e recuperación, provocou en moitos casos o sangrado, entullado, desecamento e destrución dun bo número de humidais galegos. Lembramos a desaparición das lagoas de Pantín (Valdoviño) e Corme (Laxe), a degradación das turbeiras do Xistral ou da lagoa sacra de Olives (A Estrada) polos eólicos; ou a situación crítica das Gándaras de Budiño, no medio dun polígono industrial. Mesmo a Xunta chegou a aprobar un http://www.adega.gal/novas.php?id=101&idioma=gl&sec=116" target="_blank">plano de conservación para o humidal da Frouxeira, un dos 5 humidais de importancia internacional de Galiza, que bendicía o seu sangrado con bulldózeres, antepoñendo o coidado do paseo marítimo periodicamente asolagado ao equilibrio ecolóxico do humidal.

Ligazóns

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...