Información
Portada

COMPROMISO POR GALICIA DEMANDA DA XUNTA A ACTIVACIÓN DO PLAN DE REGADÍO DA LIMIA, E LEVA INICIATIVAS A BRUXELAS

Información
22 Enero 2018 1432 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Galicia non se pode permitir perder fondos europeos pola mala xestión do PP

O pasado día 18 de xaneiro, representantes de CxG, mantiveron contactos na Limia con produtores de pataca. O motivo da xuntanza foi coñecer as necesidades do sector e ofrecer a Compromiso por Galicia como interlocutor en Bruxelas a través da eurodeputada de CxG na Coalición por Europa, Izaskun Bilbao.

 

Froito do encontro, Piñeiro Docampo Secretario Xeral de Compromiso levará a Bruxelas dúas reivindicacións do colectivo referentes á normativa de cepillado da pataca en relación a parasitos na que os produtores observan unha eiva en relación a acción da UE en distintos países membros.

Observase tamén que a Xunta de Galicia na súa acción política non facilita a produción e o crecemento deste importante sector galego. A paralización do plan de regadío que é cofinanciado polos propios produtores é unha perda competitiva para este sector, é por elo que pedimos o PP e o Goberno da Xunta a activación dos fondos precisos de 20 millóns de Euros e axuda para o cambio de situación dos pozos.

Temen é importante o apoio dos Concellos da Limia e da Deputación de Ourense no proxecto dos produtores para unha feira de promoción da pataca para unha aposta forte polo valor engadido dun produto de enorme calidade.

"Compromiso ven mantendo contactos con distintos produtores do País e estamos en condicións de asegurar que tanto PP coma PSOE non son capaces de influír na política da UE, quizais por ver en Galicia a moeda de cambio precisa para outras negociacións, CxG estará atento a estes movementos, co traballo de Izaskun Bilbao"- Sinalou o Secretario Xeral Piñeiro Docampo.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...