Información
Portada

Un gol de Sisto, tras unha magnífica xogada con Iago Aspas, deulle ao Celta os tres puntos no último partido da primeira volta.

Información
21 Enero 2018 1454 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os celestes dominaron con claridade ao levante na primeira metade e sufriron na segunda, pero lograron manter a súa vantaxe e levarse un valioso triunfo.

O Celta aplicou unha riada de paciencia ante un rival que esperaba no seu campo coas liñas moi xuntas e sen desorde. Longas posesións en busca dun espazo que non apareceu ata o tramo final.

O equipo vigués sacou o coiro dese atrás cun Levante, agora si, desordenado tras un ataque errado e Iago Aspas e Sisto combinaron con maestría. O danés superou a Oier cun axustado lanzamento cruzado e puxo en vantaxe aos celestes, moi superiores na primeira metade.

Na segunda metade, o Celta sufriu para defender a súa vantaxe ante un rival moi intenso e decidido que dispuxo de varias ocasións para empatar o choque. As boas accións de Rubén e a súa propia impericia impediron que o Levante alcanzase o seu obxectivo. Valiosa vitoria para o Celta para pechar a primeira volta.

FICHA TÉCNICA

0-Levante UD: Oier, Luna, Rober, Postigo, Coke, Doukouré (Bardhi, min.84), Lerma, Campaña (Jason, min.46), Morales, Ivi (Mesa, min.79) e Boateng.

1-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Wass (Radoja, min.72), Tucu Hernández, Sisto (Brais, min.80), Iago Aspas e Maxi Gómez (Sergi Gómez, min.87).

Goles: 0-1, min.37: Sisto.

Árbitro: Álvarez Izquierdo, do comité catalán. Amonestou a  Morales, Ivi, Doukuré,  Coke, Tucu Hernández, Rubén.

Campo: Ciutat de Valencia.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...