Información
Portada

Feijóo vai deixar o Hospital do Salnes nun mero despacho ambulatorio deixando a comartca sen servicios hospitalarios

Información
20 Enero 2018 1821 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz nacional, Ana Pontón, e a portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, encabezaron a delegación do BNG na reunión coa xunta de persoal do Hospital do Salnés á que lle transmitiron a súa total oposición á contrarreforma sanitaria que quere impoñer a Xunta que, nesta comarca, suporía a desaparición da área sanitaria afondando na privatización e no recorte de servizos.

 

Pontón deixou claro que o BNG ten como prioridade política a defensa da sanidade pública, “única maneira de garantir o dereito fundamental á saúde”, e que seguirán facendo unha oposición sen tregua “contra a folla de ruta do PP, que pasa por desmantelar e deteriorar o sistema público de saúde con recortes e privatizacións para que empresas privadas fagan negocio coa saúde das persoas”.

O proxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza que ven de aprobar o Goberno de Feijóo “é un paso máis nesa dirección daniña”, que pretende converter a sanidade pública en subsidiaria da privada.

Ana Pontón reúnse coa xunta de persoal do Hospital do Salnés“A contrarreforma sanitaria do PP é un paso atrás para o dereito á saúde en xeral e para a área do Salnés, pese a que está blindada por lei porque se puxo en marcha a través dunha ILP-, indicou Pontón-, pero o PP está a derrubar o que se construíu entre todos e todas. Non van atreverse a tirar a baixo o hospital, pero si o van deteriorando pouco a pouco ata convertelo nun gran ambulatorio lonxe das prestacións que ofrece un hospital”, advertiu Pontón.

A dirixente do Bloque salientou que desde que Feijóo chegou á Presidencia, a sanidade pública perdeu 700 camas e 2.000 millóns de euros de recursos na atención primaria, un 15%, “recortes que acaban pagando os e as usuarias con peor atención”.

“Queremos dicirlle a Feijóo que o BNG vai estar enfronte, que a defensa da sanidade pública é unha cuestión prioritaria para parar esta contrarreforma sanitaria que afonda na privatización e deteriora unha área como a do Salnés que xa ten carencias e dificultades, porque estamos ante un hospital que non ten UCI, nunha zona que non ten ambulancia medicalizada e vemos como na atención primaria é misión imposible conseguir cita no médico dun día para outro, hai lista de espera”.

Pontón e Prado tamén deixaron claro que o Bloque “vai facer fronte común coas plataformas, organizacións sociais e políticas e coa veciñanza en defensa da sanidade pública”. Neste sentido, avanzaron que a formación nacionalista presentará unha emenda de devolución ao proxecto do Executivo para que o Parlamento “free un novo atentado ao dereito á saúde”.

Os votos en contra do PP

“Estamos a ver a un PP que votou non ao incremento do cadro de persoal do Hospital do Salnés, votou non a ampliar celadores, votou non a darlle solución á situación do aparcadoiro no hospital, votou non a un centro de saúde en Vilagarcía, no Grove, na Illa, e votou non á substitución de persoal sanitario fundamental”, denunciou Prado, “porque estamos ante un Goberno que ten como claro obxectivo deteriorar a sanidade pública para xustificar cada vez máis recursos á sanidade privada”, concluíu.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...