Información
Portada

Ana Pontón felicita ás forzas soberanistas catalás e afirma que o grande derrotado é Rajoy e o 155

Información
25 Diciembre 2017 1306 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

x

El PP y el PPdeG están totalmente deslexitimados para a vida pública e por tanto deberían disolverse.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón felicitou a todo o pobo catalán e forzas soberanistas  que “revalidaron a maioría absoluta”, nunhas circunstancias excepcionais e baixo  “presión de todo o Estado,  poder xudicial e  grupos mediáticos  contrarios a esta alternativa”.  A mairoría soberanista acadada onte en Catalunya, constata  a vontade do pobo catalán, remarcou.

 

Para a líder do BNG, “o grande derrotado nestas eleccións é Mariano Rajoy e o artigo 155”. A derrota sen paliativos do Partido popular, redundou Pontón,  “convertida nunha forza marxinal”, deixa  unha mensaxe clara: “Os cidadáns de Catalunya non apoian a vía represiva nin as políticas de Rajoy.” Por outra parte, engadiu,  estas eleccións evidencian que  a solución só pode vir da política  e estamos ante un debate político no que miles de cidadáns reclaman dereitos e liberdades. A alternativa  á política  non pasa “polos porrazos, a represión policial ou utilizar de maneira abusiva o poder xudicial”. Estamos nun estado plurinacional onde as nacións sen estado reclamamos un novo marco e o Partido popular non pode continuar “enrocado no seu inmobilismo” coa intención de seguir mantendo  a visión do Réxime do 78, “un réxime esgotado”.

 O pobo de Catalunya, insistiu, “deunos onte unha lección de dignidade, é de un  pobo maduro que desexa dirimir, de forma democrática, as súas diferencias e debates políticos”. No  BNG agardamos unha lectura dende o Estado do que está pasando e que  non se enroque en seguir con “máis represión, xudicialización da vida política e empeorando a situación política actual”. O pobo catalán falou con clareza, “derrotou ao Partido popular e ao 155”, e o  bloque soberanista conta cunha maioría clara na que máis  de dous millóns de persoas  queren defender o seu futuro”.

Campaña do BNG en Vigo para apoiar o pequeno e mediano comercio

Ana Pontón  participou hoxe no acto reivindicativo  de apoio ao pequeno comercio en Vigo onde avanzou que o BNG presentará mocións no Parlamento galego e concellos da área da cidade olívica para crear o plan sectorial do comercio e unha moratoria ás grandes superficies comercias co fin de protexer o comercio local.

Pontón  lembrou que estamos nunhas datas de grande consumo e o comercio de proximidade é un grande dinamizador nas cidades, “crea emprego e da vida aos barrios” polo que fixo  un chamamento a todos os galegos e galegas a  “consumir produtos do país pola súa calidade e porque é unha aposta polo noso”.

Pontón denuncia a importación a Vigo dun  modelo  de grandes áreas comerciais, “fracasado” en A Coruña 

A portavoz do BNG, acompañada do responsable local, Serafín Otero, militantes e simpatizantes tamén se referiu á grande preocupación das asociacións de comerciantes, “a saturación de áreas comercias”. Sobre esta cuestión, lembrou o macroproxecto de Porto Cabral que implicaría a destrución de máis de 6.000 postos de traballo en Vigo e a importación do “modelo fracasado” da Coruña baseado nas   grandes áreas comercias. Unha cidade como Vigo conta cun gran potencial  no pequeno e mediano comercio, un sector que  xera emprego de calidade e dinamiza os barrios e crea riqueza. “As grandes superficies comerciais benefician aos grandes capitais, crea emprego en precario e destrúe os barrios”, concluíu.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...