Información
Portada

Sen dúbida un agasallo adiantado de Nadal para toda a familia celeste. O RC Celta segue reinando Galicia!

Información
24 Diciembre 2017 1884 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Celta volveuno a facer. Iago Aspas tamén. Por terceiro derbi consecutivo o conxunto vigués venceu e o dianteiro moañés marcou e non só un, senón dous goles. Daniel Wass abriu a lata no minuto tres coa enésima asistencia de Sisto nesta tempada. Conexión danesa desde a banda esquerda ao corazón da área deportivista, onde apareceu Wass para cabecear ao fondo da rede.

 

Antes do descanson o Celta aumentou a súa vantaxe. Maxi Gómez gañou a partida a Sidnei e deixou o balón a Aspas para que este marcase a pracer. O dianteiro céltico asinou un partido sobresaliente, tanto en ataque como en defensa, e referendou a súa gran actuación co terceiro tanto vigués, un auténtico golazo de falta directa no segundo tempo.

O Deportivo apertou por momentos e chegou a recortar distancias a media hora para o final por medio de Andone. Cunha boa vantaxe no marcador, o Celta resistiu con comodidade en Riazor ata o asubío final. Sen dúbida un agasallo adiantado de Nadal para toda a familia celeste. O RC Celta segue reinando Galicia!

FICHA TÉCNICA

1-Deportivo: Rubén, Juanfran, Schär (Fede Varela, min.60), Sidnei, Luisinho, Borges, Guilherme, Carles Gil (Borja Valle, min.80), Çolak (Andone, min.46), Adrián, Lucas Pérez.

3-Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Brais Méndez, min.90), Tucu Hernández, Iago Aspas, Maxi Gómez (Radoja min.79), Sisto (Emre Mor, min.70).

Goles: Wass (0-1, min.3); Iago Aspas (0-2, min.40); Iago Aspas (0-3, min.53); Andone (1-3, min.59).

Árbitro: Undiano Mallendo, do comité navarro. Amonestou a Borges, Schär (Deportivo); Rubén, Hugo Mallo (Celta).

Campo: Riazor

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

Hoxe luns, 18 de marzo, ás 12 h na casa do concello terá lugar...

Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. As obras deberán...

lineaazul 1600