Información
Portada

Conferencias con Laponia para que os escolares falen en directo con Papa Noel

Información
21 Diciembre 2017 1952 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Unha morea de nenos e nenas de Vilagarcía terán a oportunidade este Nadal de falar directamente e en directo con Papa Noel. Debido á elevada demanda que existía por parte dos centros educativos para asistir á vídeo conferencia que dende hai oito anos realiza a Rede CeMIT a través da aula do centro municipal de Matosinhos, o Concello, a través das concellerías de educación e de Formación e Emprego, decidiu ampliar o programa organizando por conta propia novas conexións coa aldea situada no Círculo Polar Ártico para que ningún neno e nena que desexe falar con papa Noel se quede sen facelo.

As vídeo conferencioas municipais celebraranse o luns e o martes, e as do CeMIT o mércores.

16.12.2017.- Utilizarase o sistema do Centro de Formación en Matosinhos da aula CeMIT (onde se atoparán as nenas e nenos dos colexios de Vilagarcía), dende onde se levará a cabo a conexión coa casa de Papa Noel en Laponia, para o cal se conta coa colaboración de varios departamentos e persoal do Concello dende Ravella.

O Concello realizará catro conexión o luns pola mañá ás que asistirán tres grupos do CEIP A Lomba e un do Arealonga. Os escolares estarán, como xa se dixo, nas aulas do Cemit, no Centro de Matosinhos. O martes realizaranse tres sesión máis coa asistencia de alumnos do colexio San Francisco e do Centro de Educación Especial de Marxión.

Por último, e xa a través do programa da Xunta, o CEMIT organiza dúas sesións o mércores para alumnos do Vagalume e do centro de BATA.

Dada a relevancia destas conexión internacionais con Laponia, o programa "A Revista" da TVG emitirá en directo a última das vídeo conferencias do luns.

O programa é o seguinte:

CeMIT + Laponia (Concello)
Os centros participantes serán:

Luns 18.12.17
- 10:00h: CEIP A Lomba
- 10:30h: CEIP A Lomba
- 11:00h: CEIP A Lomba
- 12:30h: CEIP Arealonga

Martes 19.12.17
- 10:00h: CPR San Francisco
- 10:30h: CRP San Francisco
- 11:00h: CEE Vilagarcía de Arousa


CeMIT + Laponia (Xunta de Galicia - Santiago de Compostela)
Os centros participantes serán
Mércores 20.12.17
- 12:00h: EEI Vagalume
- 13:00h: Asociación BATA
 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

Hoxe luns, 18 de marzo, ás 12 h na casa do concello terá lugar...

Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. As obras deberán...

lineaazul 1600