Información
Portada

OS SOCIALISTAS URXEN A CONSTITUCIÓN DUN CONSORCIO PÚBLICO PARA XESTIONAR A TRANSFORMACIÓN DA FACHADA MARÍTIMA DE A CORUÑA QUE PRETENDE OBTER O TOTAL PODER MAREA ATLÁNTICA

Información
06 Diciembre 2017 4571 votos

FOTO; XULIO FERREIRO ANTES DE SER ALCALDE DE a CORUÑA, AHORA COMO ALCALDE NO SOLO LE MANTIENE EN EL PODER, LE HA AUMENTADO EL SUELDO Y LOS PRIVILEGIOS, DIETAS Y PLUSES, ETC.

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada chamou hoxe a Concello, Porto de A Coruña, Xunta, Fomento e Adif a consensuar a constitución dun Consorcio Público interinstitucional “que lidere os traballos necesarios para unha correcta desafectación dos terreos e a necesaria reordenación”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao goberno.

O parlamentario coruñés chamou á coordinación entre tódalas institucións implicadas, mantendo “o máximo respecto ao concello” para abandonar “un debate mal intencionado e interesado”.

Lamentou os intentos de “desacreditar unha infraestrutura necesaria, moderna e chamada a ser o motor económico do norte de Galicia, ao tempo que demoran a necesaria transformación da fachada marítima”.

Propuxo que deixen en mans deste novo ente “o liderado dos traballos necesarios para unha correcta desafectación dos terreos e a súa necesaria reordenación”, logo dos “permanentes desencontros entre o Goberno municipal de A Coruña, o Ministerio de Fomento, a través de Puertos del Estado e da Autoridade Portuaria”. Sinalou que A Coruña “ten o dereito a aproveitar esta oportunidade histórica para escribir o seu novo futuro”.

Lembrou que este abano de desencontros chegou “mesmo á utilización por parte do presidente da Xunta de atribucións non competencia do goberno galego sobre os usos de solos do porto, deixando en terreo de ninguén o proxecto de cidade”.

Apuntou tamén ás “sucesivas actuacións do presidente da Autoridade Portuaria”, e do “intento, que tiveron que parar, do Consello de Administración do Porto, con presenza da Conselleira de Medio Ambiente e precandidata á alcaldía, para subhastar a primeiros deste ano os terreos da Solana e do Finisterre ao mellor postor”.

 

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....