Información
Portada

Denuncian que o Goberno do PP usa os cartos públicos para beneficiar as multinacionais derivando orzamentos das comunidades autónomas

Información
04 Diciembre 2017 1526 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Polas informacións ás que tivo acceso a CIG-Saúde, o Ministerio de Facenda obrigará as comunidades autónomas que soliciten o FLA (Fondo de Liquidación Autonómica, a gastar en medicamentos de marca -en substitución dos xenéricos- unha contía equivalente ao medre do seu PIB. A CIG-Saúde considera “escandalosa” esta decisión, froito dun acordo entre o Ministerio e a industria farmacéutica e denuncia que o seu único obxectivo é “financiar cos orzamentos públicos que deberían destinarse á sanidade pública ás multinacionais do sector, que se van enriquecer a costa de todas as usuarias e usuarios”.

 

A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, denuncia que é “inadmisíbel” que un goberno que recorta de forma sistemática os orzamentos destinados a financiar a sanidade pública obrigue a receitar os medicamentos máis caros en detrimento dos xenéricos, “cando mantén camas pechadas, ten escaseza de persoal e moito está en precario, segue incrementando as listas de espera para así derivar á sanidade privada e ofrece cada vez peores prestacións para as usuarias e usuarios”.

Lembra que o gasto farmacéutico hospitalario xa medrou un 23% e advirte que con isto dispararase aínda máis o gasto porque “os novos medicamentos teñen un prezo disparatado”. Denuncia ademais que apostar polas marcas fronte os xenéricos non aportará beneficio algún para a saúde da poboación, pero si seguirá enriquecendo, a súa costa, as multinacionais da farmaindustria, ademais de “desacreditar os medicamentos xenéricos que son de igual efecto terapéutico pero xa non teñen patente”.

Por iso, diante desta decisión, a CIG-Saúde pregúntase se este acordo formará parte do novo modelo de financiamento autonómico e se o goberno galego vai aplicar esta medida. “Neste intre non recorreu ao FLA pero podería ter que facelo no futuro”, advirte Abuín.

A secretaria nacional de CIG-Saúde manifesta tamén a súa preocupación polas repercusións que este incremento de prezos nos medicamentos poida ter na aportación que fan as e os doentes cando os adquiren e nomeadamente as consecuencias que terá no re-pago que fan as e os pensionistas

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...