Información

A sociedade luguesa manifesta o seu rexeitamento á violencia machista, a manifestación máis terrorífica das desigualdades de xénero

Información
XornalGalicia 26 Noviembre 2017 1188 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Mosquera

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, e membros da Corporación Municipal de todos os grupos políticos, participaron este sábado na homenaxe ás vítimas de violencia de xénero que o Concello de Lugo organizou ao longo da mañá.

Os actos arrincaron coa entrega de premios aos gañadores do VII Concurso de Deseño Gráfico e do certame de fotografía, Antón Manuel Carral López, coa obra Por desgraza, isto non só forma parte do pasado. Cambia o presente, e Roberto Mouriz, coa instantánea Violencia de Xénero, respectivamente. Recibiron un diploma e un premio de 600 euros. No concurso de fotografía tamén se entregou un accésit, que recaeu na obra El Sueño Moderno, da lucense Belén Mendaña del Río.

Posteriormente, tivo lugar unha ofrenda floral, a lectura dun manifesto, a actuación musical de Ruth León, acompañada do guitarrista David Taboada, e unha solta de globos, na Praza de Santo Domingo, diante da árbore da vida. Aos actos tamén asistiu a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, e representantes do tecido social da cidade, así como clubes deportivos de Lugo. Ademais, tivo lugar unha andainae o izado dun lazo negro de globos na Mosqueira, tras a colocación de bandeirolas negras ao redor de toda a Muralla.

Ao comezo dos actos, Lara Méndez chamou a unión para erradicar a violencia machista, a manifestación máis terrorífica das desigualdades de xénero, e reivindicou máis recursos e medios para loitar contra esta lacra, que no que vai de ano acabou con 44 mulleres, segundo datos oficiais do Ministerio. Así mesmo fixo fincapé nas "cifras alarmantes e preocupantes" da actualidade neste eido, rexistrándose neste 2017 preto de 100 feminicidos. Tamén demandou deixar de focalizar a culpabilidade nas vítimas. Así mesmo, tivo palabras de agradecemento do Concello a toda a sociedade luguesa pola súa implicación para conmemorar o 25N.

Nesta ocasión, o manifesto foi lido por Irene González, unha moza lucense que denunciou os malos tratos que sufriu a súa nai ao longo de anos. No nome de todas as vítimas de das súas familias, González demandou máis apoio das distintas institucións implicadas nesta materia e destacou a importancia dunha educación en igualdade dende a infancia.

Documento

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi