O PPdeG négase no PARLAMENTO de GALICIA a unha proposición para mellorar a seguridade nos buques de pesca galegos

XornalGalicia  09 Noviembre 2017  1395 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

OS SOCIALISTAS CONSIDERAN “INCOMPRENSIBLE” QUE A XUNTA REDUZA OS INVESTIMENTOS EN SEGURIDADE NO MAR A UNHA TERCEIRA PARTE

Loli Toja critica o veto do PP a unha proposta para pedir as melloras necesarias para reducir a sinistralidade nos buques

Santiago de Compostela, 09  de novembro de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, sinalou hoxe que “non se entende” que a Xunta decidira reducir os investimentos en seguridade no mar a unha terceira parte nos orzamentos de 2018. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta un programa de mellora da seguridade a bordo, que “incomprensiblemente” foi vetado polo PP.

A responsable socialista criticou que a Consellería do Mar decidira reducir a 335.000 euros os orzamentos para saúde e seguridade dende os 900.000 cos que contaba o ano pasado, mentres na partida de Investimentos a bordo pasa de 1,3 millóns de euros en 2017 a apenas 248.000 nos Orzamentos de 2018.

 

Toja sinalou que estes datos, en contra do que dixo o portavoz do PP, evidencian que “non é certo que xa estean traballando na mellora da seguridade marítima”, polo que anunciou emendas aos Orzamentos da Consellería do Mar para recuperar o investimento en seguridade. Instou a tomar medidas urxentes para mellorar a seguridade e, dixo, “vale xa de permanecer sentados en San Caetano agardando que non pase nada”.

A parlamentaria socialista apuntou a medidas de mellora da seguridade, tanto sistemas para manter as embarcacións a flote, como dirixidas á localización posterior aos sinistros. Apuntou ademais a mellorar a póliza colectiva de seguros de mal tempo e de accidentes no mar que, “ben utilizada podería ser unha ferramenta indispensable para o sector”, loitando contra a precarización das condicións de traballo.

Sinalou que as costas galegas rexistraron preto de cen sinistros mariños no que vai de século XXI, fronte a un goberno que asume compromisos que “son meras declaracións de intencións”. Así o evidencia, sinala, que o Plan Estratéxico da Consellería para 2015-20 “non inclúe un só indicador que fale de investimentos en seguridade”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...