Información
Portada

Novo capítulo de REBELIÓN NA CRTVG titulado "INCUMPRE AS NORMAS SOBRE O USO DO GALEGO" financia Feijóo, PPdeG a través da Xunta de Galicia, con cargo aos fondos públicos.

Información
05 Octubre 2017 3579 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 

 

O Comité de empresa da CRTVG ampara unha nova denuncia de manipulación informativa na Radio Galega . O comité de empresa advirte do malestar do persoal pola ausencia do galego nos cursos de formación para a renovación dixital, nunha liña de deterioro xeral na encomenda de promoción da lingua nos medios públicos

 

 

O comité Intercentros da Corporación RTVG denuncia o incumprimento da obriga de promoción da lingua galega que teñen os medios públicos en todos os seus ámbitos de actuación, incluídas as relacións laborais, nunha liña que manifesta un desamparo progresivo durante os últimos anos.

 

 

Os sindicatos advirten do malestar maioritario que causou entre o cadro de persoal a total ausencia da lingua galega nas accións formativas que veñen de programarse cara a adaptación da maior parte dos profesionais e as profesionais a un novo modelo de produción audiovisual dixital que se está a instalar no medio público.

 

 

 

O comité denuncia que nos cursos presenciais non se emprega o galego, algo que admiten como xustificado se os docentes son foráneos. Porén, consideran absolutamente indefendible que a documentación formativa non estea na nosa lingua, malia que moitos manuais técnicos dos fabricantes se traduciron especificamente desde o inglés pola empresa encargada de acometer a transformación dixital da CRTVG e da conseguinte formación do persoal, a compañía Telefónica Servicios Audiovisuales.

 

 

 

Para a representación sindical é inadmisible que o propio portal creado especificamente para aloxar o material formativo recorra a un dominio en español (proyectocrtvg.com) e non teña nin sequera os seus menús en lingua galega, o que evidencia unha enorme falta de compromiso co noso idioma e unha clara vulneración do artigo 6 da lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.

 

 

 

Para o comité Intercentros a redacción dese artigo determina claramente a obriga de empregar o galego en todos os ámbitos das relacións laborais, incluída a formación, xa que establece literalmente que “A lingua da Corporación é o Galego, xa que logo a prestación do servizo de comunicación audiovisual por parte da devandita sociedade e as comunicacións que efectúe ao persoal dependente dela no exercicio das súas tarefas será en lingua galega”.

 

 

 

Desmantelamento lingüístico

 

 

 

Os sindicatos alertan dun progresivo desmantelamento da promoción do galego por parte da Corporación, que se manifesta na carencia de programación divulgativa específica e nun departamento lingüístico tan esganado que dificilmente pode asumir a supervisión da produción externa que chega ao centro emisor ao tempo que ofrece soporte ao persoal propio.

 

 

 

O comité Intercentros da CRTVG esixe que a corporación asuma os esforzos que sexan precisos para o axeitado cumprimento da súa encomenda de promoción da lingua e a cultura galegas, xa que o contrario -advirten- é poñer nun grave risco a propia esencia dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.

 

O Comité de empresa da CRTVG ampara unha nova denuncia de manipulación informativa na Radio Galega

Unha traballadora en prácticas da emisora pública foi conminada a omitir en directo a locución dun parágrafo no que informaba da afiliación ao Partido Popular de Melilla do presunto líder dunha célula xihadista

 O Comité de empresa da CRTVG, que no pasado marzo puxo a disposición dos profesionais dos medios públicos un Protocolo de actuación antes as denuncias de manipulación informativa,  vén de amparar conforme a esta ferramenta a unha redactora con contrato en prácticas da Radio Galega que denunciou unha grave inxerencia no seu exercicio profesional.
  A xornalista Ana Belén Costoia Viqueira elaborou o pasado 6 de setembro unha nova para o informativo vespertino “A Crónica” sobre a desarticulación dunha célula terrorista en Marrocos e Sevilla. Cando a traballadora locutaba a noticia en directo no estudio, xusto antes da lectura dun parágrafo no que informaba da que o presunto líder da célula xihadista “fora afiliado do PP de Melilla”, unha responsable do programa  ordeoulle non ler esa referencia, orde que a xornalista, que viu interrompido o seu traballo de xeito brusco e sorpresivo, acatou. Consultada por este comité, a coordinadora do informativo aludido alega que o criterio de non informar sobre a afiliación política neste caso partíu do redactor xefe da tarde. Á redactora en prácticas retiróuselle ademais posteriormente a encomenda habitual de reelaborar esa mesma peza para o informativo matinal do día seguinte, que lle adxudicaron a outra persoa.
 O Comité de empresa, seguindo o protoloco que creou, que recolle as normas de actuación a seguir en casos coma este no que o persoal da CRTVG denuncia manipulación sobre o seu labor informativo, ampara sen fisuras á profesional afectada e enmarca esta grave inxerencia sobre a liberdade e independencia do exercicio profesional na sistemática manipulación que se practica na televisión e na radio públicas. Non é a primeira vez que a representación do persoal denuncia  en concreto a ocultación da filiación política cando os afectados por calquera cuestión negativa son do Partido Popular, información  que se resalta e reitera se os casos afectan a membros dos partidos da oposición.
 Independentemente de que ese día practicamente todos os medios de comunicación do Estado fixeron referencia á pertenza ao Partido Popular do presunto xihadista, o comité de empresa entende que se debe respectar o criterio profesional que guiou á redactora a incluir esa referencia, eliminada, en opinión dos sindicatos, por  intereses estritamente políticos. Ademais, a representación do persoal considera intolerables as formas que se empregaron, xa que a interrupción dunha locución en directo debería ter unha seria xustificación.
 O Comité esixe por enésima vez a creación do Consello de Informativos e a posta en marcha do Estatuto Profesional, ferramentas contra a manipulación informativa que obriga a crear desde o ano 2011 a lei que regula os medios públicos e que, de momento, o goberno galego e a dirección da CRTVG semellan non ter interese algún por habilitar. A representación do persoal parabeniza á compañeira denunciante e anima a outros profesionais da tele e a radio públicas a acollerse ao protocolo, que amparará aos informadores da CRTVG ata a erradicación da deleznable práctica manipuladora que lastra a credibilidade dos medios públicos e atenta contra a súa razón de ser. 

 

Acción y Transparencia Pública - A corrupción informativa propiciada ...

accionytransparenciapublica.com/138-a-corrupcion-informativa-propiciada-con-fond...
 
Acorrupción informativapropiciada con fondos públicos polo Goberno de Feijóo ...Xuntadestina 200.000 euros a mercar entrevistas e reportaxes en catro medios ....XornalGalicia presenta Denuncia en la Fiscalía de Galicia contra Alfonso ...

Al descubierto las tramas de corrupción informativa en ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com › Galicia
 
8 oct. 2016 -Al descubierto las tramas decorrupción informativaen Galicia bajo gobierno de Feijóo para lograr la mayoría de laXuntade Galicia.

Feijóo paga a CORRUPCIÖN informativa que lle deu ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.blogspot.com/2016/10/feijoo-paga-corrupcion-informativa-que.html
 
Feijóo paga aCORRUPCIÖN informativaque lle deu a mayoría naXuntacon cartos públicos a medio de cantidades troceadas para vulnerar a Ley - Acción y ...

Máis denuncias de corrupción informativa, 800.000 ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es › Especiales + › Corrupción
 
28 mar. 2016 -Máis denuncias decorrupción informativa, 800.000€ para comprar .... Non veremos ese titular de custos decorrupciónnaXuntade Galiza pois ...

Corrupción - Xornal de Galicia para el Mundo

www.xornaldegalicia.es/especiales/corrupcion?start=228
 
En Galicia lacorrupción informativaes el pan nuestro de cada día incluido en el ... El negocio multimillonario de los altos cargos del PP en laXuntade Galicia ...

El dinero público de la Xunta de Galicia sirve para ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es › Especiales + › Corrupción
 
7 oct. 2015 -Pero es más, la Juez De Lara, acredita con total claridad y hechos lacorrupción informativagenerada por la Voz de Galicia para pretender ...

Pladesemapesga advierte de la presunta corrupción y “secuestro ...

www.pladesemapesga.com › Inicio › Comunicados
 
xornalgalicia .com/index.php?name=News&file... 18 mar. 2012 -Corrupción informativaafincada y subvencionada en laXuntade Galicia, editora de medios ...

Cinco detenidos y dos investigados por fraude en cursos de formación ...

www.laregion.es/articulo/ourense/varios...fraude.../20170428123439704342.html
 
28 abr. 2017 -Más Deporte ·XornalEscolar · La Revista · Universitas · Euro ... Cinco detenidos y dos investigados porfraudeen cursos de formación ... Carmen P.A. (62), y los industriales de publicidad,informáticay material didáctico, ... de sección) de laXuntade Galicia en Ourense y disponía de un sello de compulsa ...

El dinero público de la Xunta de Galicia sirve para montar una “Orgía ...

https://vgomagazine.wordpress.com/.../el-dinero-publico-de-la-xunta-de-galicia-sirve-...
 
7 oct. 2015 -... de la mismaXuntade Galicia (DEDO) bajo convenios de colaboración a lo que ... laCORRUPCIÖN INFORMATIVAorquestada por la Voz de Galicia. .... es el caso nuestro deXornalGalicia, mediante denuncias judiciales y ...

Xornal Galicia - Notas | Facebook

https://es-es.facebook.com › ... › La Coruña › Arte y entretenimiento › Xornal Galicia
 
Valoración: 3,2 - ?17 votos
Al Gobierno de Mariano Rajoy y al Poder Judicial, libertad para el Juez Elpidio en suinvestigacióncontra la trama de Blesa: Firmar esta petición significa ...

 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600