Información
Portada

O Mundo e medios de comunicación internacionales condenan a represión policial decretada polo Estado (MARIANO RAJOY) contra o pobo catalán

Información
01 Octubre 2017 4445 votos

Expresa a súa total condena á represión policial coa que o Estado español tenta impedir o dereito do pobo catalá a expresarse na urnas, e pregúntase se a apelación á legalidade tras a que se esconde o Goberno de Rajoy consiste en impedir a porrazos e pola forza bruta que a sociedade de Catalunya vote para decidir o seu futuro.

 

A formación nacionalista reclama do Executivo central que cese na súa estratexia de acoso e represión, que deixe de responder con violencia policial contra un pobo que quere exercer o seu dereito fundamental e democrático a votar. O Bloque denuncia que o Goberno central está saltándose a constitución que tanto invoca impoñendo pola forza un estado de excepción ilegal en Catalunya, e salienta o dereito de autodeterminación dos pobos recoñecido polo dereito internacional.

DLCuJrlW4AAymd2En contraste coa violencia inxustificada do Estado, a actitude cívica, valente e exemplar dunha cidadanía que defende o dereito fundamental nunha democracia, como é o dereito a votar e, neste sentido, causa vergoña e indignación ver as forzas de seguridade do Estado asaltado colexios, derribando portas a mazazos e requisando urnas para impedir ese dereito fundamental, mesmo exercendo violencia contra as persoas.

O BNG denuncia que o Goberno de Rajoy pasou todas as liñas vermellas entrando nunha deriva autoritaria e reaccionaria que se traduce nunha agresión aos dereitos civís máis fundamentais, porque non se trata xa dunha cuestión de independencia si, independencia non, trátase de unha cuestión de democracia que o Estado vulnera cando impide pola forza o exercicio do voto.

Para o Bloque, é evidente que o réxime do 78 saltou polos aires e que o actual marco institucional está esgotado e superado e que, máis pronto que tarde, haberá que abrir un novo proceso constituínte porque as ansias de democracia dos pobos non poden ser freadas pola forza e con violencia.

O BNG hoxe máis ca nunca traslada a súa solidariedade e apoio ao pobo catalá, ao que transmite o seu recoñecemento pola resposta cívica e chea de coraxe en defensa da súa liberdade que está a dar, enfrontando a actitude autoritaria e represora do Estado español.

CONCENTRACIÓNS EN SOLIDARIEDADE CON CATALUNYA

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....