Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamou hoxe a reversión da propiedade do Pazo de Meirás á titularidade pública como forma de “rematar xa” coa “anomalía democrática”. O PP rexeitou esta proposta socialista transaccionada co resto dos grupos para pedir tamén a ilegalización da Fundación Franco, que actualmente xestiona as visitas ao BIC.

 

A responsable socialista urxiu a recuperar este ben, nunha situación agravada  polos “incumprimentos da familia Franco” á hora de permitir unhas visitas ao inmoble xestionadas pola Fundación Franco mentres “fai apoloxía do Franquismo”. Advertiu que se trata dun “botín de guerra” adquirido polo ditador en plena Guerra Civil deixando “probas documentais múltiples” de que se trata dunha “propiedade ilexítima”.

Os socialistas reclamaban a constitución dunha comisión técnica especial coa participación de Xunta, Deputación de Coruña e os concellos de Sada e A Coruña, garantindo “pluralidade institucional e política” para dirixir o traballo de expertos en historia e dereito para abrir vías á recuperación do inmoble. Explicou que esta Comisión podería suxerir as reformas legais necesarias para garantir a recuperación do ben.

Burgo explicou que se trata dunha “inxustiza histórica que non pode manterse” e puxo como exemplo “países que viviron períodos dirixidos por ditadores”, e sinaladamente o caso de Alemaña, que “atopou a maneira de devolverlle aos xudeus as propiedades usurpadas polo nazismo”.

Os socialistas reivindicaron unha “fórmula que inclúa a todos”, e por iso aceptaron as emendas presentadas polo resto de grupos da oposición, que sen embargo foron rexeitada polo PP. Finalmente foi aprobada unha iniciativa “insuficiente” do PP que non contemplaba nin a constitución da dita Comisión nin a posibilidade de abrir vías para a reforma legal, e que contou por iso coa abstención do PSdeG.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...