Lugo réndese ao Club de Tríatlon Cidade de Lugo, campión da Liga Nacional, tanto en categoría feminina como masculina

XornalGalicia  13 Septiembre 2017  2300 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Lugo réndese ao Club de Tríatlon Cidade de Lugo, campión da Liga Nacional, tanto en categoría feminina como masculina

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, presidiu este luns a recepción ao Club de Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial, que se proclamou hai unha semana campión da Liga Nacional deste deporte, tanto en categoría feminina como masculina. Fíxoo por segundo ano consecutivo, algo que non lograra ninguén con anterioridade. Ao acto, celebrado no Salón de Plenos, tamén acudiron representantes dos grupos municipais do PP, Lugonovo, BNG, Ciudadanos e ACE, así como familiares dos membros deste club e deportistas destacado a nivel internacional que entrenan co Cidade de Lugo, como o olímpico Crisanto Grajales.

 

Na recepción, Lara Méndez, quen presumiu de que a cidade sexa un escenario perfecto de adestramento, agradeceulle ao club que leve o nome de Lugo ao máis alto  do deporte a nivel nacional. "Cremos na práctica e disciplina deportiva", asegurou a rexedora, quen enxalzou a traxectoria deste club como un incentivo para traballar no fomento da actividade deportiva de base, pola que aposta tanto este equipo como o Goberno de Lugo.

Para rematar, Méndez amosou o orgullo de que Lugo atesoure, grazas a este club e a outros deportistas, como Miguel González, que visitou a Casa Consistorial a semana pasada, un nivel tan alto, o que supón pór a cidade no mapa deportivo.

Pola súa banda, o presidente do club, Adrián Vázquez, agradeceu ao Concello e Deputación o seu apoio continuo, tanto co seu equipo como co deporte. A Alcaldesa pola súa banda, felicitou á directiva, que impulsa e alenta a todo o club. Nesta liña, Méndez tivo un especial recordo ao presidente anterior deste club, Antonio Pérez, que faleceu recentemente. 

O Club de Tríatlon Cidade de Lugo fundouse no 1988. Conta con 180 licenzas, 68 femininas e 112 masculinas e está dentro da Real Orden do Mérito Deportivo. Neste 2017, este club acumula os seguintes méritos: terceiro no campionato de Europa clubes élite relevos mixtos, primeiro no campionato de Europa clubes junior relevos mixtos, primeiro no campionato de España clubes feminino e segundo no masculino; segundo no campionato de España contra reloxo duatlon, segundo no campionato de españa relevo duatlon masculino, segundo na Copa do Rei de Triatlón masculino e terceiro en feminino, segundo no campionato de España de relevo de tríatlon (masculino) e terceiro no feminino, segundo no campionato de España de tríatlon sprint masculino e terceiro no feminino, segundo no campionato de España tríatlon relevo por parellas masculino e primeiro por parellas feminino, segundo no campionato de España tríatlon super-sprint masculino e feminino, primeiro no campionato de España escolar de relevo duatlon feminino, terceiro na Copa do Rei escolar masculino, terceiro no campionato de España tríatlon cadete masculino e primeirosno campionato de España acuatlon masculino.

Audio

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...