Información

A CIG manifesta o seu apoio ao referendo do 1 de outubro en Catalunya

Información
XornalGalicia 10 Septiembre 2017 2377 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Participa nos actos e mobilizacións convocadas en Barcelona para esta fin de semana

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, e o responsábel de Internacional, Xosé Lois Rivera, participarán nun encontro sindical convocado pola CSC-Intersindical e a IAC así como nos actos e mobilizacións previstas para esta fin de semana en Barcelona arredor da Diada e en apoio ao referendo convocado en Catalunya para o vindeiro día 1 de outubro. Ademais asinará un manifesto a través do que diversas organizacións sindicais se comprometen a apoiar o proceso catalán.

 

Paulo Carril explica que a CIG apoia o proceso soberanista catalán porque xa foi dinamizadora e promotora, xunto con outras organizacións, da plataforma ‘Galiza con Catalunya’ e no seu último congreso, celebrado os pasados días 27 e 28 de maio, aprobou resolucións de apoio ao proceso catalán.

Lembra ademais que a CIG, como sindicato nacionalista e de clase ten como principio irrenunciábel “a consecución da soberanía nacional para construír un sistema máis xusto e solidario onde Galiza e as outras nacións do mundo poida vivir en paz e harmonía” e subliña que o dereito de autodeterminación dos pobos está recoñecido por Nacións Unidas desde 1945, “non é unha concesión do Estado e non está sometido á lei do imperio, é un dereito democrático”.

Por iso, afirma, “nós facemos nosa esta loita” e, en representación da central sindical, subscribirá a declaración de apoio á celebración do referendo que está previsto que se presente en Barcelona este sábado. “Aquí o que está en xogo é o dereito de autodeterminación e o dereito a decidir libremente”, sinala Carril, para quen tamén é “unha oportunidade que se abre para as nacións do Estado e da clase traballadora por unha mellora das súas condicións de traballo e de vida”.

O secretario xeral da CIG e o responsábel de Internacional participarán ademais na marcha dos fachos pola independencia, que percorrerá as rúas de Barcelona o día 10, ás 23:00 horas, e na manifestación que con motivo da Diada está convocada para a tarde do día 11 de setembro

Patricia Vilán alerta do elevado número de queixas sobre a sanidade pública ou dos retrasos na valoración da discapacidade

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións á Valedora, Patricia Vilán, instou á máxima...

A CIG-Ensino leva ao Parlamento de Galiza a campaña de recuperación de dereitos laborais apoiada por 12.000 docentes galegos

Representantes desta central, encabezados polo seu secretario nacional, Suso Bermello, mantiveron un...

Os recortes sanitarios en Galicia xa producen efectos devastadores na sociedade e nos seus dereitos humanos

O informe “A receita equivocada” reflicte situacións de persoas galegas afectadas na súa saúde polo...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....