Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Goberno de Feijóo (PPdeG) segue destruindo os servicios sanitarios dos galegos pechando hospitais e centros de saude, e reducindo persoal sen convovar oposicións pra cubrir as baixa por xubilacións. Xa se comenza a desviar multitude de doentes aos servicios privados concertados onde son atendidos polos mesmos médicos que se trasladan a esos centros para vaciar de cartos o Sergas.

 

Traballadoras e traballadores da sanidade xunto con veciñas e veciños da comarca, participan nas concentracións convocadas pola Xunta de Persoal en rexeitamento á reforma da Lei de Saúde formulada pola Consellaría que suporá, entre outras cuestións, a supresión da Área Sanitaria da Mariña. As protestas desenvolvéronse ao mediodía na entrada ao Hospital da Costa e nos centros de saúde da comarca.

Dende a Xunta de Persoal apuntan que a extinción da área sanitaria "é unha das principais repercusións da aprobación do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza, que a converte nun mero distrito sanitario de Lugo". Deste xeito, o HULA (hospital de referencia na provincia) absorberá a maior parte dos recursos sanitarios "e os veciños e veciñas da Mariña veranse obrigadas a percorrer os 100 quilómetros de distancia coa capital ,aínda con maior frecuencia que agora".

Plena capacidade de xestión

Para evitar este recorte e afastamento dos servizos sanitarios, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña esixiu a inmediata retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza. Ao tempo que demanda unha área de xestión integrada para a comarca, con plena capacidade de xestión en asistencia primaria e especializada, e sobre os seus recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos.

"Demandamos un xiro de 90 graos nas políticas tendentes ao progresivo deterioro da sanidade pública e a súa mercantilización, porque a sanidade pública non pode ser un negocio, é un dereito e patrimonio de todos e todas que non queremos perder", aseveran.

"Dar a cara"

Dende o órgano de representación dos/as traballadores/as recriminaron "a covardía" do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que acudiu esta mañá ao Hospital da Costa para informar sobre a reforma da Lei de Saúde, mais só se dirixiu aos medios de comunicación e non publicamente ao persoal do hospital.

"Quen non ten nada que ocultar, dá a cara ante os traballadores e traballadoras da sanidade pública da Mariña", sentencian desde a Xunta de Persoal.

Suxestións ao anteproxecto a través do Portal da Transparencia

O anteproxecto de modificación da Lei de Saúde proposto pola Xunta suprime as áreas do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés, afastando así os servizos sanitarios das persoas. Até o 1 de setembro, o documento está aberto a suxestións no Portal da Transparencia. Dende a CIG convidámoste a que lle fagas chegar ao PP o teu rexeitamento a este recorte, esixindo a retirada do anteproxecto e o mantemento das áreas sanitarias. Para saber como facelo, só tes que premer esta ligazón.

http://www.cig.gal/nova/supresion-das-areas-sanitarias-dille-non-aos-plans-do-pp-a-traves-do-portal-da-transparencia.html

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...