Que nos devolvan o roubado, o Pazo de Meirás é do pobo!

XornalGalicia  01 Septiembre 2017  1116 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Na comparecencia ante os medios de comunicación, o parlamentario nacionalista tamén esixiu da Xunta “unha resposta contundente” sobre o Pazo de Meirás e a utilización da Fundación Franco dun espazo que debe volver a ser público, propiedade do pobo galego e non  da familia do ditador.

Bará que onte participou na toma simbólica que o BNG fixo do Pazo de Meirás reiterou  que os gobernos do PP e a Xunta de Galiza manteñen unha actitude “tolerante e conivente” coa familia Franco, a Fundación e a situación do Pazo  que cualificou de “anómala” e que descobre as “vergoñas da Transición”, o roubo, espolio e grande corrupción que está detrás da súa expropiación aos propietarios. O deputado explicou que a familia Franco conta con privilexios e títulos nobiliarios  concedidos polo Rei Juan Carlos I o 26 de novembro de 1975, seis días despois da morte do ditador. Ese día, concedese con carácter vitalicio o Señorío de Meirás a Carmen Polo e a pesar de ser vitalicio foi reclamado polo neto de Franco e posteriormente o título segue en posesión da neta.

Por “decencia democrática e dignidade”, manifestou o nacionalista, temos que extirpar do noso país “ese refugallo do pasado” que estamos a vivir coa familia Franco e  con Meirás. Dende o BNG queremos establecer ao redor de Meirás “un cordón sanitario, democrático, antifascista” e esiximos ao Partido popular que rompa con esa posición de “ambigüidade” e que diga de que lado está, “do lado da democracia ou do lado da complicidade co franquismo”.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón avanzou hoxe a denuncia ante diversas instancias internacionais  pola “aberrante” utilización  e xestión das visitas ao Pazo de Meirás pola Fundación Franco.

Ana Pontón  compareceu ante os medios de comunicación, xunto a portavoz desta forza política en Europa, Ana Miranda quen anunciou “a presentación de diversas denuncias ante a Comisión e Parlamento europeo e a comisión de Dereitos Humanos de Nacións Unidas”.

Ana Pontón avanzou  a posta en marcha “dunha fronte democrática” para iniciar institucional e socialmente a denuncia dunha   do que reiterou é unha situación  “aberrante” na que a  Fundación  Francisco Franco “coa conivencia do Goberno galego e o seu presidente Núñez Feijóo” pretende converter “nun parque temático do fascismo” o Pazo de Meirás.

Pontón cualificou  o que acontece en Meirás de  “inconcibible, incompatible coa democracia e supón unha labazada ás vítimas do franquismo e as súas familias”. Esta situación pon de manifesto, recalcou a “conivencia do Partido popular co franquismo no Estado español”.

A portavoz nacionalista asegurou que a Xunta conta con instrumentos para evitar o que sucede  no Pazo de Meirás e lembrou que mañá reanúdanse as visitas polo que o Goberno galego debe estar atento e parar esta “barbaridade” por que a súa pasividade é igual a “complicidade”.

Por outro lado avanzou que no inicio do curso político, o BNG presentará nos concellos e no Parlamento galego mocións destinadas a devolver o Pazo de Meirás ao pobo de Sada “roubado durante o franquismo” así como  declarar “non grata” á Fundación Francisco Franco e a  familia Franco e  iniciar o expediente para ilegalizar a esta fundación por facer “apoloxía do fascismo”.

Pontón tamén recordou que o BNG defenderá a lei galega de Memoria histórica destinada a recuperación e recoñecemento de todas as vítimas  e contra a “impunidade” dos crimes franquistas.

O BNG ELEVA A INSTITUCIÓNS INTERNACIONAIS A DENUNCIA CONTRA A FUNDACIÓN FRANCO

Pola súa parte, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda anunciou  que o BNG elevará unha denuncia ao Parlamento europeo e a ONU contra a Fundación Franco por “apoloxía do fascismo” e advertiu que a xestión da Fundación Franco sobre o Pazo de Meirás atenta contra “os valores europeos” e a democracia.

Miranda explicou  que non existe ningún caso semellante en Europa no que unha Fundación utilice un espazo para enaltecer os “valores e figura do ditador” como defende a Fundación Franco nas visitas ao Pazo de Meirás. Esta maneira de actuar, dixo, “atenta contra os valores europeos e os dereitos humanos” e  dende o BNG só podemos dicir que é  “antidemocrático e mesmo ilegal”.

Para a portavoz do BNG en Europa, despois da morte de Franco , o 20 de novembro de 1975 e xa transcorridos  42 anos, “o franquismo segue vivo” e a decisión de que a Fundación Franco sega xestionando o Pazo de Meirás, é “só a punta do iceberg do franquismo”. Miranda apostilou que  non teremos unha verdadeira democracia ata que esta cuestión quede resolta con “xustiza, verdade e reparación das vítimas”.

Ana Miranda lembrou as diversas iniciativas presentadas polo BNG no Parlamento galego e Deputación da Coruña ás  que sumou a denuncia ante o Executivo comunitario a a inclusión na Memoria histórica activa en Europa  “os crimes da ditadura franquista” porque nese programa europeo non están incluídos, dixo.

Asemade, dixo, hoxe damos un paso máis  e anunciamos que no mes de novembro de 2017, coincidindo cos 42 anos da morte do ditador, o BNG ten previsto celebrar no Parlamento europeo un encontro con diversas organizacións, asociacións relacionadas coa recuperación da Memoria histórica de Galiza e do resto do Estado  así como expertos na ditadura franquista.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...