Información
Portada

Comeza a vendima no castelo de Soutomaior que se estenderá ata a vindeira semana

Información
01 Septiembre 2017 3352 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 

Quinta das Eiras. A adega, que ofertou 1,008 euros por quilo, foi a que presentou a oferta máis competitiva na poxa pública organizada pola Deputación de Pontevedra para a colleita da uva das catro hectáreas de viñedo do castelo de Soutomaior.

 

Desde o cambio de Goberno na Deputación, en xullo de 2015 e baixo a presidencia de Carmela Silva, adoptouse o sistema de poxa pública para as uvas do castelo. En 2015 a colleita foi de 14.720 quilos que se vendeu a un prezo de 0,98 euros por quilo. O ano pasado a colleita foi de 15.815 quilos e vendeuse a un prezo de 1,32 euros por quilo. Neste ano, a previsión é que a colleita sexa entorno aos 18.000 quilos, pola boa calidade e cantidade da uva que presenta a explotación, aínda que ata que a adega non finalice os traballos de recollida non se terán os datos definitivos.

Lembramos que o castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe en día é patrimonio público, foi adquirido pola institución provincial no ano 1982 e os seus viñedos, que contan con catro hectáreas de extensión datan do ano 1984.

 

Fotos

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...