Información
Portada

Os viciños e comuneiros xa fixeron oír a súa voz no ano 2013, en asemblea soberana, votando en contra do proxecto de Porto Cabral

Información
26 Agosto 2017 2926 votos

PORTOCABRALO goberno do PPdeG que representa io Sr Feijóo detrás do grupo empresarial e a Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral tentan vender o proxecto coa falsa promesa da xeración de "milleiros" de postos de traballo. A falsidade de tal promesa está palmariamente demostrada pola realidade doutros centros da mesma empresa, ITU - Eurofund, noutros lugares do estado

 

Rede de asociacións ecoloxistas en defensa do territorio,
da natureza, da xustiza social e do patrimonio cultural
CONVOCA Á CIDADANÍA
Á  XUNTANZA EN DEFENSA DO MONTE COMUNAL
QUE TERÁ LUGAR CON OCASIÓN DA ROMARÍA DO PAN DE MILLO
NO PARQUE FORESTAL DE COTOGRANDE, CABRAL
 O DOMINGO 27, DE 12:00 A 14:00 H,
E DENUNCIA:
O intento, por parte da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral,
de entregar unha parte do monte a un grupo empresarial multinacional
En contra da vontade dos viciños e comuneiros,
En contra da Lei de Montes,
En contra do interese comunal e público, e
A favor dos intereses privados da empresa e da propia Xunta Reitora
Os viciños e comuneiros xa fixeron oír a súa voz no ano 2013, en asemblea soberana, votando en contra do proxecto de Porto Cabral. Porén, a Xunta Reitora da Comunidade de Montes volve á carga, intentando a entrega de monte comunal, mediante a súa venda ou expropiación, a un grupo empresarial multinacional, para desenvolver un proxecto especulativo que é incompatible:
Co aproveitamento económico sustentable do monte
Cos valores naturais, arqueolóxicos e antropolóxicos do monte
Cos fins que a Lei de Montes asigna ao monte comunal
Co sostemento económico e a continuidade do comercio local
O proxecto consiste nun macrocentro comercial e de ocio. O grupo empresarial e a Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral tentan vender o proxecto coa falsa promesa da xeración de "milleiros" de postos de traballo. A falsidade de tal promesa está palmariamente demostrada pola realidade doutros centros da mesma empresa, ITU - Eurofund, noutros lugares do estado.
Non é ético utilizar a precariedade económica que sufrimos para tentar seducir nin presionar á cidadanía para a aceptación do proxecto. Non é ético promover unha espuria declaración de utilidade pública do proxecto para xustificar a expropiación dos terreos e o seu cambio de uso. Non é ético abandoar unha valiosa zona de monte comunal á súa destrución irreversible a prol do beneficio privado dunha grupo empresarial cuxa actividade comprometería a viabilidade do comercio local.
Non é ético nin racional perseguir un beneficio económico puntual a costa da destrución dos valores naturais, paisaxísticos, etnográficos e arqueolóxicos dunha zona de monte cuxo uso multifuncional ben planificado, e as conseguintes labores de recuperación, aproveitamento e mantemento, darían traballo e sustento a moitos cidadáns en condicións de sustentabilidade, que quere dicir perdurabilidade.
Os comuneiros, os veciños, o monte, os valores e a historia que o monte garda, precisan do noso apoio. Agárdannos. En Cabral. No monte de Cotogrande.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi