Información

Os socialistas denuncian que “O órgano que garante a legalidade en Galicia está secuestrado” polo goberno de Feijóo

Información
XornalGalicia 07 Agosto 2017 1833 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A deputada socialista Patricia Vilán presentou esta mañá unha proposición de lei do seu grupo para a reforma da Lei do Consello Consultivo de Galicia coa fin de que recupere “a imparcialidade, obxectividade, transparencia e prestixio”, uns principios “en grave risco” tras o “dano irreparable e inmenso” ocasionado polo presidente deste órgano, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Os socialistas reclaman derrogar as modificacións da lei realizadas polo goberno do PP pola porta de atrás e de xeito unilateral a través da Lei de Acompañamento, e recuperar o consenso acadado no Parlamento en 2014.

“O órgano que garante a legalidade en Galicia está secuestrado”, criticou Vilán, que lembrou tamén que o presidente do Consello Consultivo segue investigado pola súa suposta implicación na Operación Cóndor, e cunha sentenza en contra dun xulgado contencioso administrativo de Santiago que condena a este ente por alterar as condicións laborais do persoal do órgano de forma torpe e inxustificada. A socialista censura que o PP non quere chegar a un acordo porque “lle gusta controlar o órgano que garante a legalidade da actuación da Administración en Galicia”. Este é “un asunto que molesta especialmente ao goberno do PP”, afirmou a deputada, quen lembrou que incluso a CRTVG omitiu no seu día a petición de dimisión do presidente do Consultivo por parte do grupo socialista.

Vilán destacou as disfuncións do órgano de control, sobre todo no que se refire a unha sección especial, a de Estudos e Informes, con decisións que non van ao pleno do Consello Consultivo, senón que quedan nun órgano colexiado que está dirixido absolutamente polo presidente deste ente. Esta sección esixe na súa composición un membro nato que agora só podería ser Fernando González Laxe, e que como moito estará dous anos máis, polo que despois quedaría só con dúas persoas explicou Vilán. “Adiantámonos a unha situación que vai ocorrer, e este é o momento de cambialo. Os informes desta sección non son pecata minuta senón que son básicos para o control da legalidade”, advirte.

Outras modificacións que esixen os socialistas son as referidas á secretaría xeral (van catro secretarios xerais distintos desde 2014) e á forma de designación a dedo do corpo de letrados, reformada sen consenso cos propios profesionais en contra. Tamén ven “imprescindible” a presenza de mulleres por lei, agora inexistente. “A idea de igualdade é intrínseca á sociedade actual, e ninguén pode crer que en Galicia non hai mulleres capacitadas para ser conselleiras do Consultivo”, afirmou a socialista.

Feixóo ten que dar explicacións pola sentenza que permitirá ás eléctricas subir o recibo da luz

Ana Pontón “Os tentáculos do lobby enerxético están nos consellos de ministros e na tamén na ...

O BNG impugna a reprobación da Mesa do parlamento a Luís Bará por rachar a foto de Felipe VI

Luís Bará Carece de sustento técnico-xuridico e atenta contra a liberdade de expresión

70 vídeos participan no certame Enreguéifate

Unha vez rematado o prazo para participar no certame Enreguéifate, foron máis de 70 os vídeos recib...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....