Preocupación pola cronicidade da pobreza laboral e a alta temporalidade dos novos contratos de miseria laboral en Galicia

XornalGalicia  04 Agosto 2017  1158 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Se ben a temporada estival é unha época  que permite unha alentadora lectura para o mercado laboral, dende Esquerda Unida queremos recalcar que estes datos de emprego non pode venderse xamais como un “éxito”, senón todo o contrario: detrás das estatísticas a dura realidade é que Galicia está a retroceder en dereitos laborais, un reflexo do fracaso das políticas de emprego do Partido Popular, nas que os contratos temporais, de menos horas e precarios fan que vivir con dignidade sexa imposible.

 

 

 

Nestes últimos anos, as galegas e os galegos asistimos a un empobrecemento total da clase traballadora. A modalidade contractual precaria, de menos horas, temporal e inestable afecta ao 94% dos novos contratos. O salario que perciben as e os traballadores, en xeral, é decrecente e escaso, ademais, un 15% de persoas que traballan na nosa comunidade son pobres. En referencia ao tipo de relación que se establece coa patronal, ascenden os falsos autónomos dentro dun contexto social no que máis de 700.000 persoas viven en risco de exclusión social.

 

 

 

De novo, os colectivos máis precarizados son a mocidade, incapaz de emanciparse, un contexto que obriga á mocidade galega a un exilio ou migración forzada por motivos económicos: 14.000 mozas e mozos abandonaron Galicia no ano 2016. Tamén os maiores de 45 anos ven moi difícil atopar un emprego e, os maiores de 55 anos, teñen case imposible o retorno ao mundo laboral. Respecto a este último colectivo, o acceso a pensións non contributivas lastran a xubilación e a súa calidade de vida.

 

 

 

Unha das problemáticas máis frustrantes a ten que soportar o colectivo de persoas que desenvolven o seu traballo de forma autónoma, ou falsamente autónoma. Grazas as políticas de emprego do PP, os traballadores e as traballadoras teñen que firmar contratos baseados na miseria, precaridade e a desigualdade, contratos que rematan cos dereitos fundamentais das persoas.

 

 

 

Esta situación repítese co complemento salarial que representaban os servizos públicos básicos: hoxe hai que gastar cada vez máis para acceder a educación, a sanidade e a políticas sociais. A súa degradación e privatización contribúe ao proceso estrutural de empobrecemento da clase traballadora. E o mesmo podemos dicir do feito de que o 85% do esforzo fiscal recae sobre as rendas do traballo.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...