Información
Portada

OS SOCIALISTAS VEN “UNHA BURLA ÁS VITIMAS DA DITADURA” QUE A FUNDACIÓN FRANCO XESTIONE AS VISITAS AO PAZO DE MEIRÁS E PÍDENLLE Á XUNTA QUE O IMPIDA

Información
31 Julio 2017 3112 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A deputada socialista Concepción Burgo rexistrou unha serie de preguntas orais e escritas no Parlamento nas que lle traslada á Xunta que o feito de que a Fundación Nacional Francisco Franco sexa a encargada de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás é “unha clara burla ás vítimas da ditadura e unha provocación a toda a cidadanía”, polo que lle reclama ao goberno galego que se pronuncie sobre esta situación e tome medidas para impedila.

 

 

 

 

Burgo lembra que a Fundación Nacional Francisco Franco ten como obxectivo a exaltación da figura do ditador, tal e como se pode observar na súa páxina web. “Desde o noso punto de vista é unha burla que ante as continuas protestas por incumprimento a familia Franco da súa obriga de abrir o pazo ás visitas, tal e como marca a Lei de patrimonio cultural, se deixe a xestión das mesmas a unha fundación que exalta a persoas responsables de miles de mortos no noso país”, afirma.

 

 

 

Unha “anomalía histórica”

 

Que todo isto non vulnere a lei non nos parece unha escusa porque está claro que ás veces a legalidade non é sinónimo de moralidade ou de ética, e esta é unha desas veces”, censura a socialista, que considera que o feito de que o Pazo de Meirás, “conseguido dunha forma claramente ilexítima”, siga en mans da familia franco 42 anos despois da súa morte, “é unha clara anomalía histórica e democrática”. Por todo isto, esixe coñecer a opinión da Xunta, a súa valoración política e que informe de se eran coñecedores desta xestión e, de ser así, desde cando o sabían. Burgo tamén quere saber se o conselleiro de Cultura “ten a vontade política de facer algo para evitar esta situación”.

 

 

 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...