Información
Portada

O servizo de Urxencias do CHUAC, colapsado con GRAVES retrasos de atención aos doentes polo peche de camas ordenado polo Goberno de Feijóo (PPdeG) na Xunta.

Información
17 Julio 2017 3535 votos

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) denuncia que xa se están a padecer as consecuencias do peche de camas: colapso do servizo de urxencias, doentes atendidos en corredores, falta de camas para doentes críticos e profesionais para atendelo. saturación do HULA a tres días do peche de Cirurxía. O hospital está completamente ocupado e Urxencias ateigada. Feijóo pretende con esta medida motivar a fuga de doentes as clínicas privadas para que fagan negocvio cos cartos públicos da sanidade pública.

 

Asegura que desde primeiros do mes de xullo, como consecuencia directa do peche de camas o Servizo de Urxencias volve a estar colapsado. Un colapso que, coma sempre, “débese á permanencia no servizo dun elevado número de doentes varados á espera de cama” e “amoreados/as por decenas nos corredores”.

A Comisión de Centro do CHUAC subliña que tanto os/as doentes como as súas familias teñen dereito a ser atendidos en “condicións que non atenten contra a súa dignidade e que garantan dereitos tan elementais como o dereito a intimidade e a confidencialidade”.

Alerta que as consecuencias dos recortes non só se están padecendo no Servizo de Urxencias e asegura que tamén se pecharon camas de atención a doentes críticos (UCI e  Reanimación) e se reduciu o persoal destes servizos. “As necesidades asistenciais, como era de esperar, xa obrigaron á Xerencia a unha apertura precipitada das camas de críticos pechadas e sen dispoñer de profesionais con experiencia para atendelas”, denuncia.

A Comisión de Centro sinala que cando a Xerencia afirma “incansablemente” que as camas pechadas poden pórse en funcionamento en calquera momento, “esquece que para facelo precísanse profesionais que atenda aos doentes que as van a ocupar. E neste momento xa está habendo grandes dificultades para contratalos”.

O persoal procedente das unidades pechadas está a facer, segundo a Comisión de Centro,  as substitucións que terían que realizar as/os profesionais desempregados. “Como resultado moitos profesionais, que ven como se reducen as súas posibilidade de emprego, buscan outra alternativa laboral ao marxe do Servizo Galego de Saúde”.

A Comisión de Centro esixe que se manteñan abertas e en funcionamento todas as camas do CHUAC, paralizándose inmediatamente o peche de camas en Medicina Interna do Hospital Abente y Lago.

 

CIG-Saúde de Lugo advirte da saturación do HULA a tres días do peche de Cirurxía

O hospital está completamente ocupado e Urxencias ateigada

A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar que a 3 días do programado peche da planta de Cirurxía, o hospital está completamente ocupado. “Esta mañá Urxencias amenceu coa unidade de Observación chea de doentes e adiante 4 doentes de observación e 2 pendentes de ingreso na súa camiña”, aseguran.

Diante desta situación a CIG-Saúde insiste na súa “firme oposición” a manter este centro hospitalario por debaixo da súa capacidade de rendemento habitual e reclama unha xestión ordeada e produtiva e non unha dexestión”.

Asegura que Cirurxía está “co estrés do peche, pero mantén aínda 18 pacientes ingresados e, de feito, no día de hoxe interviñéronse 3 doentes”. Por iso denuncia a “inamovíbel” vontade política de pechar dando igual o prexuízo que causa”, tanto ao persoal como ás/aos doentes.

Urxencias saturada

A CIG-Saúde denuncia ademais que, de novo, a unidade de Urxencias é usada “para cousas para as que non está deseñada” e que as e os doentes están mesturadas/os por todas as unidades,” así como o intento de apurar o peche dunha unidade que posiblemente ben podería manterse aberta”.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....