Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Capercaillie, no festival de Lorient

Capercaillie, no festival de Lorient

Carballo fará historia este sábado. O mítico grupo escocés Capercaillie ofrecerá na Praza do Concello o seu único concerto en Galicia, unha oportunidade única para poder gozar dunha das bandas máis importantes da música celta en Europa.

O concerto, organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración de La Voz de Galicia e a Fundación Luis Calvo Sanz, coincidirá co 30º aniversario da banda, que celebra estas tres décadas sobre os escenarios co álbum “At the heart of it all”.

Con todo o corazón nós tamén agardamos que as persoas afeccionadas á música gocen desta experiencia única na Praza do Concello, reconvertida durante os catro días que van do xoves ao domingo na Praza dos Libros, unha ágora aberta a todas as manifestacións culturais. Porque Capercaillie, que atesoura 19 discos e ten actuado en máis de 40 países de todos os continentes, é, a dicir dos expertos, “a banda máis vibrante e emocionante no campo da música celta”.

Capercaillie está composta por algúns dos músicos máis importantes do mundo, que crearon ao longo destes 30 anos unha identidade musical propia na que se mesturan fielmente as raíces profundas da cultura gaélica con ritmos e texturas instrumentais adaptadas do pop e da música de baile. Os seus concertos, e mañá poderemos comprobalo en Carballo, constitúen un espectáculo excepcional.

Todas as actuacións do Festifolk Costa da Morte, incluído o concerto de Capercaillie, son de acceso libre e gratuíto

Como unha banda destas característica merecía uns “teloneiros” de alto nivel, durante toda a tarde soará a música na praza e polas rúas de Carballo, que acolle unha nova edición do Festifolk Costa da Morte. Ás 20 horas empezaremos a bailar con Vinteenbaio e Druídas da Rolda, e unha hora máis tarde teremos a decenas de gaiteiros de grupos de toda a zona desfilando polas rúas da vila ata rematar na Praza do Concello coa interpretación conxunta do Himno do Antigo Reino de Galicia. Ás 22 horas tomará o relevo o grupo de música e baile tradicional Xacarandaina, que amosarán por que está entre o melloriño de Galicia.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...