Información
Portada

A REFORMA SILENCIOSA DO GOBERNO DO PP QUE ATACOU O NOSO SISTEMA DE SEGURIDADE SOCIAL.

Información
08 Julio 2017 3031 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 

marcha madridHistóricamente e ata 2011, as decisiones políticas sempre tiberon o obxetivo de consolidarol sistema a favor dos contribuintes, a revalorización anual das pensións de acordó o IPC previsto (1997), a creación dun fondo de reserva (2000) o aumento das pensións mínimas (2004 - 2009). Pero a partir do 2011 as decisións políticas orientándose cara os recortes das pensións como único axuste financiero do sistema, debendo ser cuestionable non só polos seus efectos senón tamén porque, independientemente do que se cotice, baixarán o necesario para equilibrar o sistema sen recoñecer ningún dereito adquirido polos anos cotizados.

Todas as reformas feitas entre 2011 e 2013, supuxeron e suporán que traballemos máis, cotizemos máis tempo e cobremos prestacións por baixo dun mínimo de benestar social.

 

O sistema de Seguridade Social é a esencia do Estado Social, según o establecido no artigo 1.1 da Constitución “España constituese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico de libertade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político”.

 

Cando ademáis no artigo 41 da Constitución establece, que os poderes públicos manterán un réximen público de Seguridade Social indica que é un «sistema técnico-xurídico destinado a protexer a determinadas colectividades de persoas fronte a determinados riscos ou continxencias, que provocan situacións de necesidade, sexa por defectos de rendas ou exceso de gastos». Clara intención por parte do lexislador de continuar co mecanismo de protección da Seguridade Social como tal, e recordando que «o orixen da Seguridade Social atópase na vontade do poder público de loitar contra as necesidades sociais».

 

Dito artígo consagra a Seguridade social como unha institución onde o seu contido, obxetivo, nivel e técnicas de financiamento dirixense a recoñecer unha protección universalista e asistencial.

 

Ademáis, dito artigo acompañado do art. 14 CE, dan gran relevancia o principio de igualdade, «os poderes públicos manterán un réximen público para todos os cidadáns..., reflexa unha clara interpretación de cómo debe afectar ese principio fundamental na Seguridade Social. Xa que despois de enumerar unha serie de causas discriminatorias remata extendéndoas a calquer outra condición ou circunstancia persoal ou social. O igual que o fan co principio de universalidade. Xa que non se trata tan só de que todas as persoas sexan iguais aptas para disfrutar dos dereitos, senon que se lles garantice iguais posibilidades no exercicio dos mesmos.

 

A Seguridade Social, ten como obxetivo protexer os cidadáns ante situacións de necesidade, e desenrola unha función «instrumental» do Estado Social, realizando a redistribución das rendas entre as diversas capas da sociedade. Non trata de debilitar as prestacións suficientes, sinon de atender e elevar aquelas que son insuficientes, e as veces incluso simbólicas.

 

Si os artígos anteriores lle sumamos o art.50 CE onde obliga a que...” os poderes públicos garantizarán, mediante pensións adecuadas e periódicamente actualizadas, a suficiencia económica do cidadán durante a terceira idade”

 

E tamén engadimos o art 12 da Carta Social Europea, ni o convenio 102 da OIT ( art 65.10), o Código Europeo da Seguridade Social de 1964 , ratificado por España en 1994. Normas que establecen claramente que as pensións serán revisadas cando se produzcan variacións sensibles do nivel xeral de ganancias e do coste da vida.

 

Na maiorias das reformas que levamos sufrido dende o 2011 ata o momento, son reformas non avisadas nen podendo ser asumidas polos cidadáns , recordade que a mayoría foron real decretos leis a golpe de venres, eso dinos que a inmediata aplicación e con carácter retroactivo ( a quenes xa tiñan recoñecido un dereito e se lle anulou como os xa xubilados coa condición dunha revalorización por IPC) vulnera a doctrina do Tribunal Europeo de Dereitos Humáns que considera que “ calquer axuste no sistema de pensións deben levarse a cabo de maneira gradual, prudente e medida.

 

Queda muy claro la obligación de mantener un Sistema de Seguridad Social, goberne quen goberne”, para todos os cidadás, que garanticen a asistencia e prestacións sociais suficientes ante as situacións sociais de necesidade”.

 

Victoria Portas

 

MODEPEN

 

Portavoz da Coordinadora Estatal en defensa das Pensións Públicas

 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...