Información
Portada

Alba de Gloria no Pico Sacro ´17

Información
06 Julio 2017 3758 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

alba de gloria no pico sacro2A Federación Galiza Cultura comezou a realizar este acto no 2011 no que se conmemorou o 125 aniversario de Castelao coa total ausencia e mesmo hostilidade das institucións políticas e culturais da Galiza e no marco dunha ofensiva contra a nosa lingua e cultura como non se sofrera desde había décadas.

Castelao tamén acudiu ao Pico Sacro no 1924 logo do golpe militar de Primo de Rivera no que quedaban proscritas a nosa lingua e cultura e paralizado o rexurdimento iniciado polas Irmandades da Fala.

Naquela viaxe Castelao reafirmou a súa identificación cun espazo físico que foi soporte do espírito do noso pobo, un lugar sobre o que se ergueu unha identidade perseguida e negada.

 

Por iso no exilio volveu a a este sitio cando escribiu o Alba de Gloria.

 E por iso nós volvemos  sobre os seus pasos lendo o este discurso para conmemorar o día da Patria Galega, o Alba de Gloria, que leremos máis un ano, o sábado antes do 25 de xullo, no cumio do Pico Sacro.

 


 

Programa

 

  • 12.00h. Chegada ao Pico e concentración na fonte roubada do Pico Sacro
  • 12:30 Benvida na chaira da capela do Pico Sagro a cargo da escritora Marica Campo e a continuación subida do último treito deste monte.
  • 12:45h.: Izado da bandeira. Lectura de Alba Groria de Castelao por representantes das A.C. O Galo de Santiago, Papaventos de Vedra, O Castro de Vigo e Vagalumes da Estrada. Canto do himno galego e baixada.
  • 14:00h.: No adro da capela do Pico Sacro actuará o grupo de pandeiretas Raiola da AC. Manuel Gacio de Lestedo, que este ano obtiveron o Premio Xacarandaina.
  • 15:15h.: Xantar en “Casa Mosqueiro”, S. Mamede de Rivadulla.
    • Escoller menú e anotarse aquí antes do 20 de xullo

 

Roteiro

 

17:30h. Saida de “Casa Mosqueiro”            
Coto de Pesca de Ximonde
Area de Agro Novo                     
Casa-Museo da Pesca no rio Ulla
Dous edificios construidos a comezos do s.XX grazas a financiación das sociedades dos emigrantes en Arxentina.
Fervenza do rio Pereiro     

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...