Información
Portada

O Goberno de Feijóo consuma o "peche e traslado" de ensinanzas de varios centros docentes galegos atacando directamente as enseñanzas públicas

Información
05 Julio 2017 5353 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG-Ensino denuncia que, desoíndo o clamor contra os recortes e sen atender as demandas de familias, profesorado e concellos, a consellaría de Educación (Gobernada polo Partido Popular de Galicia "Feijóo" ) publicou o Decreto que impón o peche do CEIP Emilio NavasQüés e o traslado de varios CPI.

 

A Consellaría de Educación tiña a decisión tomada desde o primeiro momento e, de feito, o Decreto que impón o peche ou traslado de ensinanzas de varios centros leva data do 22 de xuño. A mesma data na que o goberno da Xunta comunicou os peches telefonicamente ou coa presenza a última hora de responsábeis da Xefaturas Territoriais. “O carácter autoritario da Consellaría queda de novo en primeiro plano, cunha incapacidade para negociar e chegar a acordos”, denuncia o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello.

O Decreto publicado hoxe, martes 4 de xullo, no DOG implica o peche do CEIP Emilio Navasqüés de Cruceiro de Roo en Outes, obrigando ao alumnado deste centro a desprazarse ao outro colexio do concello de Outes. Supón tamén a desaparición do CPI Monte Caxado como tal, coa integración do alumnado da ESO no IES Moncho Valcarcel e do de infantil e primaria no CEIP A Magdalena.   E finalmente leva á supresión da oferta educativa da ESO en dous centros, no CPI de Ribadavia e no CPI da Ribeira no Porriño.

A situación do profesorado afectado

No Decreto, a Consellaría non define en que situación vai quedar o profesorado afectado e limítase a unha referencia xeral ao Decreto 140/2006 polo que se regula a perda de destino do persoal docente, adiando a aplicación desta normativa a un desenvolvemento posterior do Decreto, que terá que pasar pola Mesa Sectorial.

Segundo información da propia Consellaría, esa Mesa convocarase antes de finais de mes de xullo, nunhas datas que para a CIG-Ensino son totalmente inapropiadas. “Situámonos nunha negociación que se vai limitar a aplicar os efectos dos recortes no profesorado”, denuncia Bermello, para quen “o lóxico e normal é que a Consellaría tivese negociado previamente coa representación do profesorado e do resto da comunidade educativa o futuro dos centros docentes que agora se ven empurrados a un peche ou traslado de ensinanzas impostos unilateralmente pola Consellaría”.

A CIG-Ensino entende que “nos atopamos cun novo exemplo de mala xestión e de desprezo cara o profesorado afectado, xa que este non sabe se vai ter que trasladarse aos centros que acollan o alumnado dos centros que pechan ou perden ensinanzas ou terá que pedir destino provisional para o curso que ven noutro centro docente”.

Porén, para Bermello o máis relevante é a decisión da Consellaría de “actuar de costas á comunidade educativa” e de incidir “nunha política de recortes de aulas e profesorado, envolvendo as súas actuacións en contra do ensino público en eufemismos como “reorganización de centros” ou “optimización de recursos” nas que xa ninguén cre”.

Por iso, a CIG-Ensino alerta novamente contra a política de redución de postos de traballo no ensino público que se evidencia coa publicación deste Decreto mais que tamén toma corpo novamente neste accidentado final de curso coas supresións e desprazamentos que a Inspección educativa está a comunicar desde finais de xuño.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...