Información

ÉXITOS DE FEIJÖO QUE ATENTAN CONTRA A CIUDADANÏA: UNHA PEDIATRA E MEDIA PARA UNHA POBOACIÓN DE MÁIS DE 4.000 NENOS E NENAS NO CENTRO DE SAÚDE DE CARBALLO

Información
XornalGalicia  01 Julio 2017  3369 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Ante a baixa por enfermidade dunha pediatra, a falta de cobertura doutra baixa de longa duración e o inicio das vacacións, dous días da vindeira semana haberá consultando unha pediatra a xornada completa e outra media xornada no C.S. de Carballo, onde tiña que haber catro a xornada completa e unha media xornada.

 

 

No concello de Carballo hai unha poboación de nen@s en idade pediátrica (de 0 a 14 anos) que supera os 4.000, e que son atendidos no Centro de Saúde de Carballo repartidos en catro pediatras a xornada completa e unha media xornada (compartida co C.S. de Malpica). Pois ben, resulta que un dos cupos de pediatría leva xa moito tempo sen ser ocupado por profesional algún, sendo repartidos cada día @s pacientes dese cupo entre o resto de pediatras (agora mesmo máis dun ano continuado e xa estivo anteriormente periodos igualmente longos). Esta semana outra das pediatras caeu enferma e polo tanto tivo que coller unha baixa, sen que fose substituída tampouco por ningún profesional e repartíndose @s pacientes entre os outros pediatras (dous con xornada completa e unha media xornada). Esta foi a situación que se deu esta semana, onde tiveron que ser aprazadas moitas citas de revisións e vacinacións ante a imposibilidade de poder atender só dous pediatras e medio @s pacientes de catro e medio, e priorizando a atención das crianzas enfermas en detrimento dos controis de saúde e vacinacións non urxentes.

 

 

 

A previsión para a vindeira semana, co inicio das vacacións de dous profesionais de pediatría e a permanencia en baixa por enfermidade de outra (sumada á baixa de longa duración non substituída desde hai máis dun ano), é que haberá unha única persoa contratada para substituír durante toda a semana e outra só os días 3, 5 e 7, e polo tanto serán só unha profesional a xornada completa e outra media xornada dous días e dúas e media tres días para atender unha poboación de máis de 4.000 nenas e nenos.

 

 

 

Desde CIG-Saúde consideramos que esta situación é absolutamente inadmisíbel, que é materialmente imposíbel que unha pediatra e media atendan @s pacientes de catro e media, que malamente se poderán atender as urxencias e terán que ser aprazadas as citas programadas de controis de saúde e vacinacións (citas que @s pacientes levan meses agardando e que a saber para cando poderán ser aprazadas no caso dunha das pediatras á que se lle bloquea a axenda durante os meses de xullo e agosto). Non se pode admitir semellante degradación da atención á saúde das nenas e nenos! Esiximos a substitución d@s pediatras ausentes no Centro de Saúde de Carballo por mor das súas vacacións ou baixas por enfermidade!

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#Xulio Ferreiro terrorista de los medios de comunicación, censor y ocultador de la información pública traslada fondos municipales a la Cadena Ser para un chiringuito sobre medios de comunicación al que no acudió ni el 4% de los medios de A Coruña

#Xulio Ferreiro catalogado como el peor enemigo de los medios de comunicación condenado por la Comisión de Transparencia de Galicia por censor, vulnerador de los derechos periodístocos se atreve a...

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...