Información
Portada

DENUNCIAN QUE A CONSELLERIA DE EDUCACIÓN ACTÚA CON NOCTURNIDADE E ALEVOSÍA CONTRA OS NENOS E NENAS E A CIUDADANÍA

Información
23 Junio 2017 3635 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Goberno da Xunta, espera ó último día de colexio para tomar decisións que afectan os nenos e nenas de varios concellos galegos, a esta hora: As Pontes, Ribadavia, Outes e de Porriño.  

Sen previo aviso, sen dialogo coas partes afectadas: profesorado, persoal non docente, alumnos e proxenitores. A Consellería de forma unilateral decide pechar para o ano que ven varios centros educativos.

Isto necesariamente suporá un trastorno na educación dos afectados, unha recolocación de persoal e unha perda de postos de traballo auxiliares(limpeza, subministro …).  

Esta forma de actuar escura, intentando non dar marxe de actuación e rompendo a capacidade de dialogo e encontro, ven a demostrar a verdadeira cara de Feijoo, É este o xeito de actuar dun bo xestor?.  Parece máis ben a actuación dun fondo voitre. 

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia sinalou ao respecto “dende CxG vimos denunciando sistematicamente a falla de modelo de País nas decisións do goberno do PP, un ataque frontal ó dereito á educación en igualdade de condicións é unha mostra clara de cal é o camiño do PP”.

“Dicir tamén que estaremos ó carón dos traballadores do ensino, das crianzas e dos proxenitores para defender un dereito fundamental, a educación universal. Non se poden aplicar criterios económicos a toda acción política”.

Este tipo de políticas son unha clara ameaza á política de natalidade, o PP non fai máis que poñer atrancos o desexo xenésico dos galegos, complicando e dificultando a creación de familias.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600