O BNG pedirá no Parlamento a reprobaciòn do fiscal xefe de Ourense, “o Moix de Galiza”

XornalGalicia  19 Junio 2017  2259 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ana Pontón: “Tod@s escoitamos as gravacións e non podemos calar cando a Fiscalía se pon do lado do agresor, o señor Baltar, e non da vítima”

A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG vai pedir ao Parlamento galego a reprobación e cese do fiscal xefe de Ourense, despois de que este decidise recorrer o arquivo da investigación contra José Manuel Baltar acusado de ofrecer traballo a cambio de sexo, para abrir unha causa contra a muller denunciante.

Pontón, que hoxe visitou a comarca de Valdeorras, cualificou de “escándalo” que se persiga a vítima por parte de quen cualificou como “o Moix de Galiza”, en referencia a Manuel Moix, reprobado polo Congreso e posteriormente dimitido como fiscal anticorrupción. “Todas puidemos escoitar as gravacións”, alegou.

“Consideramos un escándalo que unha muller que denuncia un caso de violencia de xénero, -porque todos e todas puidemos escoitar as gravacións-, sexa perseguida polo fiscal xefe de Ourense, que en lugar de perseguir ao agresor se poña do seu lado. Supoño que o feito de que se trate do señor Baltar explica este disparate”, criticou Pontón.

A dirixente nacionalista deixou claro que o Bloque non pode quedar calado ante este intento de “amedrentar” a quen se atreve a denunciar as “cacicadas” do clan Baltar.

“O fiscal xefe de Ourense o que acaba de demostrar é que é o Moix de Galiza”, criticou, “e ante unha situación tan grave no que houbo unha muller acosada, o BNG non vai quedar de brazos cruzados porque sabemos os vínculos que hai en moitos casos entre o poder xudicial e o PP”.

Pontón avanzou que o Bloque vai pedir “que o Parlamento reprobe e reclame o cese do fiscal xefe de Ourense, porque é intolerable esta situación e non é posible o responder co silencio ante un intento claro de amedrentar ás persoas que denuncian o caciquismo e os abusos da familia Baltar, dos que temos abundantes exemplo”, concluíu

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...