O goberno de TEO con maioría absoluta e con seis dedicacións amósase incapaz de aprobar as contas do Concello a piques de pasar o paralelo da lexislatura.

XornalGalicia  16 Junio 2017  1502 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Teo onde gobernou Martinho Noriega (Alcalde de Santiago) deixando sen pagar os seguros dos coches municipales poñendo en grave risco aos funcionarios e suas familias, segue a media lexislatura do ano sen mostrar as contas do concello. As necesidades dos veciños e veciñas de Teo en materia de seguridade viaria e servizos básicos, entre outras moitas, agardan a que o goberno municipal de Teo presente os orzamentos para 2017.

 

En xuño de 2017 o goberno municipal de Teo conformado por Son de Teo/Anova e PSOE segue sen aprobar os orzamentos para este exercicio, con todo o que iso implica para os veciños e veciñas de Teo que unha vez máis vén demorada a atención ás necesidades fundamentais como son as actuacións en servizos básicos (saneamento e abastecemento de aguas) e a seguridade viaria. Diante desta situación, o portavoz municipal do BNG en Teo, Manuel Anxo Fernández Baz, “insta ao goberno do señor Sisto e da señora Lemus a que presenten as contas para 2017 tendo en conta que estamos rematando o segundo trimestre do ano.”

E engade que, “o BNG non ten constancia de ningunha proposta de contas, nin do plan de axuste que teñen que elaborar e aplicar polo erro nas contas de 2016, primeiro orzamento do goberno de Son de Teo/Anova e PSOE.”

Fernández Baz destaca que “ para o BNG todo ten un límite, e cando xa transcorreu a metade do ano 2017, e tendo en conta que temos un goberno municipal con maioría absoluta e no que de nove concelleiras/os, seis teñen salario do Concello, reclamamos unha resposta sobre as contas para 2017, tendo claro que a única resposta aceptable é o proxecto de orzamentos e o plan de axuste.”

Neste sentido o portavoz nacionalista pon de manifesto que “o máis preocupante para o BNG é que o atraso na aprobación das contas supón pospoñer actuacións imprescindíbeis para os veciños e veciñas de Teo como son continuar co saneamento e o abastecemento de augas, dando cumprimento aos compromisos coa veciñanza, e seguir poñendo en marcha medidas en materia de seguridade viaria, ámbito no que o BNG segue reclamando a execución da moción aprobada en 2013 para dotar a Teo dun plan de seguridade viaria que represente o marco para transformar un concello que necesita un proxecto e actuacións contundentes nesta materia.”

En consecuencia, o portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, demándalle ao alcalde “responsabilidade”, e reclámalle “que se poña a traballar polos veciños e veciñas e que presente os orzamentos para 2017.”

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Ciudadanos Cs A Coruña critica “el desprecio” de la Marea Atlántica por los Carnavales de Monte Alto

Miércoles, 14 Febrero 2018
Ciudadanos Cs  A Coruña critica “el desprecio” de la Marea Atlántica por los Carnavales de Monte Alto

Miguel Ángel Rosende: “La falta de previsión e interés por los carnavales de la calle de la Torre por parte de este gobierno es indignante” A Coruña 14 de Febrero...