A capoeira e a orquestra Panorama enchen a Praza do Concello na primeira fin de semana do San Xoán máis longo da historia

XornalGalicia  11 Junio 2017  2978 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esta fin de semana á noite na Praza do Concello, porque Meteogalicia anuncia bo tempo e ademais EMPEZA O SAN XOÁN! A primeira fin de semana de festas con unha programación do más variada, na que teñen cabida a capoeira, a III Xuntanza de coches clásicos, a verbena e mesmo o fútbol, porque hoxe mesmo arranca nas Eiroas o XIII Torneo Internacional F7 Alevín Concello de Carballo.

 

Alejandro Pensado, Evencio Ferrero e África Alberti

Alejandro Pensado, Evencio Ferrero e África Alberti

Como vén sendo habitual nos últimos anos, A Capoeira Bergantiños e Abadá Capoeira saen á rúa con todos os seus alumnos e alumnas, case medio centenar entre os que predominan os nenos e nenas. Vai ser unha semana intensa para eles, porque hoxe tocan ensaios e adestramentos para a gran exhibición que ofrecerán mañá sábado ás 20 horas na Praza do Concello, na que participarán, ademais dos alumnos e alumnas da zona, outro medio centenar de capoeiristas chegados de distintos puntos de Galicia e de España, e mesmo de países como Portugal, Brasil e Alemaña. 

Alejandro Pensado e África Alberti presentaron a actividade nun acto no que tamén participou o alcalde, Evencio Ferrero, que destacou a importancia deste tipo de actividades non só porque permiten visibilizar o intenso traballo das entidades locais, senón tamén porque no caso da capoeira convértese nun nexo de unión entre diferentes culturas. Alejandro Pensado, graduado Patas, convidou a todos os veciños e veciñas a asistir e gozar da exhibición do sábado ás 20 horas, e tamén do acto de clausura e troco de cordas que se celebrará o domingo pola mañá no Pazo da Cultura. Ademais agradeceu o apoio de Art Surf Camp, CEIP Xesús San Luis Romero e do propio Concello de Carballo.

Verbena

A xornada do sábado terá máis música, porque de novo a colaboración do Concello de Carballo cun grupo de hostaleiros e hostaleiras da vila permite organizar a primeira verbena do San Xoán. A partir das 22 horas, despois da exhibición de capoeira, soará a música de Dj Orenberg para ir creando ambiente de cara á gran actuación da noite: a verbena coa orquestra Panorama.

Este sábado 10 de xuño presentará na Praza do Concello o seu Dreams Tour 2017, unha viaxe por un mundo de fantasía que supón unha importante aposta da agrupación pontevedresa pola innovación técnica, a música de calidade e coreografías abraiantes. Trinta persoas traballarán na montaxe e no desenvolvemento do primeiro dos grandes espectáculos que encherán de animación as nosas festas. 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...