Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Díaz Villoslada asegura que “non nos opoñeremos” á investigación pero tamén demanda “rigor” á hora de propoñer estas Comisións

Santiago de Compostela, 06 de xuño de 17. O Grupo Socialista apoiou hoxe a petición de En Marea e BNG de constituír unha Comisión de Investigación sobre as relacións de Villar Mir coa administración, que finalmente foi vetada polo PP.

O portavoz de Política Institucional, Juan Díaz Villoslada, explicou que “o noso grupo non se vai opoñer a esta Comisión”, pero tamén demandou “ser moito máis rigorosos” ao solicitar estes órganos.

Alertou do “risco de minusvalorar a función das Comisións de Investigación” ao propoñelas en base a “causas de carácter xeral”. Deste xeito sinalou que o empresario está investigado no caso Lezo, que analiza unha “trama de oligarquías político empresariais con interferencias da propia Fiscalía, unha tela de araña que enreda a cargos do PP”, pero que polo momento, advertiu, carece de derivadas en Galicia.

Apuntou tamén á actuación do empresario, titular de Ferroatlántica, na operación de segregación e posterior venda das centrais hidroeléctricas de Cee e Dumbría. Preguntou así “quén está realmente escribindo o guión desta segregación” dirixida a desafogar as débedas do Grupo empresarial logo de terse beneficiado de subvencións públicas e da declaración de utilidade pública dos terreos para esta explotación.

O Grupo Villar Mir, sinalou, “responde á radiografía completa da actividade dun grupo de presión, que é lexítimo pero debe estar ben controlado” e debe responder a un código ético regulado e que actúe con transparencia.

O parlamentario socialista advertiu que “se xorden irregularidades” da actuación deste grupo en Galicia “actuaremos en consecuencia”, pero lamentou a precipitación de presentar esta petición de investigación ante o “risco de restarlle valor parlamentario” ás Comisións de Investigación.

Responsabilidades políticas

Díaz Villoslada defendeu esta figura como mecanismo dirixido a poñer de manifesto actuacións irregularidades e promover reformas legais, e tamén como medio para esixir responsabilidades políticas, unha tarefa “realmente difícil que prospere” co actual reparto palamentario, con maioría do PP.

O responsable socialista sinalou que “necesitamos que as augas da xestión pública baixen o máis limpas posible para non seguir contaminando e que o mar da democracia non siga esmorecendo ao observar os comportamentos das oligarquías empresariais e políticas”.

Mesmo citou o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, que evidencia que os tribunais españois procesaron a 1.378 persoas en 166 casos entre xullo de 2015 e setembro de 2016, e que se saldaron con 399 condenados por delitos de corrupción.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...