Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

CCOO DENUNCIA ACTUACIÓNS ANTISINDICAIS DA DIRECCIÓN DE GESTAMP CONTRA CONTRA OS AFILIADOS E DELEGADOS DO SINDICATO NA FACTORÍA DO CARBALLIÑO

Segundo indican dende a Sección Sindical de CCOO de GESTAMP, a dirección da empresa, na súa planta de produción do Polígono da Uceira no Carballiño veñen exercendo dende hai meses unha inaceptable persecución contra a representación de CCOO con insultos, cambios de turno e sancións inxustificables e intolerables.

 

Ourense, 6/06/2017.- CCOO informa que, dende hai dous anos, logo de varias intervencións dos delegados de Prevención de Riscos Laborais da SECCION SNDICAL de CCOO que forzaron a corrixir varias irregularidades que atentaban contra a saúde dos traballadores e, tamén, despois de varias reclamacions ante a empresa por incumprimentos do convenio, a resposta da dirección tornouse en intolerable, pois os operarios ligados ao sindicato, véñense vendo dende hai meses, nunha situación de persecución na que os insultos, os cambios de turno impostos, xunto con sancions inxustificadas e inxustificables, repítense e reitéranse nunha inaudita situación que, con anterioridade, non se tiña producido na planta da empresa ubicada no Carballiño.

CCOO cualifican de moi grave a situación, xa que “esta persecución esténdese tamen aos afiliados, intentando dende a dirección coacciónalos con sancións polo simple feito de estar afiliados ao sindicato, atentando así contra o dereito que teñen os operarios a defenderse mediante a intervención da súa representación legal”.

Delegados da Sección Sindical de CCOO de GESTAMP WIND xa deron traslado da situación ante a Inspección de Traballo e anuncian que, de persistir a situación, continuarán cos procedementos e accións legais que se precisen para frear esta situación de presión da dirección que está a ocasionar un estado de agonia e malestar que xenera un risco psicosocial grave para os traballadores, en xeral, e para os afiliados e delegados do sindicato, en particular.

Dende a Federacion de Industria de CCOO en Ourense adverten que, “de non frear esta situación, anunciarán un calendario de mobilizacions que comezarán na vila de O Carballiño, non descartando trasladar as mobilizacions a Madrid diante da sede central do Grupo Gestamp”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...