Información

Sitúan en Arbo e As Neves a probable caída dos meteoritos do bólido diúrno avistado o Día das Letras Galegas de 2016

Información
17 Mayo 2017 3280 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os restos do bólido diúrno avistado o Día das Letras Galegas do ano pasado no sur de Galicia caeron probablemente nos termos municipais de Arbo e As Neves. A esta conclusión chegaron investigadores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC e da Rede Española de Bólidos e Meteoritos logo dun exhaustivo estudo presentado recentemente na 48th Lunar and Planetary Science Conference que tivo lugar en Texas.


Os bólidos prodúcense cando pedras cósmicas de certo tamaño (meteoroides) que están describindo órbitas en torno ao Sol penetran na nosa atmosfera. Debido á gran velocidade coa que o fan e ao rozamento coas capas baixas da atmosfera dan lugar ao fenómeno luminoso observado, pero só cando o brillo que producen é superior ao do planeta Venus (magnitude -4) reciben o nome de bólidos; se non, son simplemente meteoros.
Numerosas testemuñas Na tarde do 17 de maio de 2016 observouse un bólido diúrno no sur de Galicia que chamou a atención non só por verse a pleno día senón tamén polas sucesivas detonacións que escoitou moita xente do lugar, sobre todo do Baixo Miño. Testemuñas daquela zona pero tamén doutros lugares de Galicia como Guntín, Osebe, Vilagarcía ou o Xurés puxéronse en contacto co OARMA para dar conta do acontecido.
Dado o interese científico deste tipo de fenómenos (especialmente os diúrnos), os profesores e investigadores do Observatorio universitario –centro colaborador da Rede Española de Bólidos e Meteoritos (SPMN)– José Ángel Docobo Durántez e Pedro Pablo Campo Díaz desprazáronse á zona para conseguir a máxima información, en particular as coordenadas horizontais dos puntos de aparición e desaparición do obxecto así como o tempo de retardo do son percibido, entre outros detalles. Ademais, un veciño entregoulles unha fotografía da explosión final do bólido, na que aparecen referencias locais que permitiron obter a dirección con gran precisión.
Unha vez conseguidos os datos de observación, os investigadores traballaron na determinación da traxectoria atmosférica do obxecto xa que a partir dela, xunto con outros parámetros atmosféricos, se pode predicir a posible zona de caída de restos, o que se coñece como meteoritos. Así mesmo, se a información dispoñible o permite, é posible determinar a órbita do meteoroide antes de chegar á Terra.
Caída dos restos Nesta segunda fase da investigación participaron tamén outros dous investigadores da SPMN, os doutores Josep María Trigo-Rodríguez, do Instituto de Ciencias do Espazo do CSIC e do Institut d'Estudis Espacials de Catalunya, e José María Madiedo, da Universidade de Huelva, que reconstruíron a traxectoria atmosférica e estimaron as órbitas máis probables da rocha que produciu a bola de fogo.
Así, concluíron que o bólido se desprazou desde unha altura de 95 quilómetros ata unha de 26 a longo da fronteira entre España e Portugal e durante uns tres segundos. Precisamente a baixa altura do punto final e as fortes detonacións escoitadas fan que a probabilidade de caída de meteoritos sexa bastante alta, sendo os termos municipais de Arbo e As Neves as zonas sinaladas polos investigadores.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi