Información

O Goberno do PPdeG na Xunta provocou a perda durante 8 anos de galegofalantes converténdose nos peores inimigos da Galiza e dos galegos-as

Información
16 Mayo 2017 3009 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Feijóo esta destruindo a nosa identidade....?

No ano 2017 ningún  filme foi dobrado en galego,  o  ensino nas  carreiras universitarias  non alcanza  nin o 3%  e nas emisoras de radio que escoita a mocidade a música en galego representa o 0,1%

 

No transcurso da  interpelación ao conselleiro de Educación sobre a redución de galegofalantes e a situación da lingua galega,  a parlamentaria do BNG, Olalla Rodil acusou á Xunta de “inacción” e falta dunha política lingüística destinada a protexer e dar máis presenza ao galego. Neste sentido, preguntou polo anunciado Plan  de normalización de usos da lingua galega que o goberno da Xunta está a preparar para a mocidade e que deu a coñecer coincidindo co Día Internacional da Lingua inicial.

Rodil asegurou que a  realidade lingüística galega  evidencia que cada vez “máis mocidade é educada só en castelán, estuda só en castelán, traballa só en castelán, namora só en castelán, só le literatura en castelán  e só pode ver filmes en castelán”.

A deputada criticou que durante o ano 2017 ningún filme de estrea fora dobrado ao galego, que o alumnado non reciba   Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía en galego  ou que non exista ningunha  autoescola que ensine o manual de conducir en no noso idioma. Ademais, dixo hai  carreiras universitarias en Galiza que non alcanzan o  3% do ensino no idioma propio é a música que escoita a xente nova  nas emisoras é do  0,1%.

A deputada indicou  que as persoas  monolingües en galego nas cidades apenas son o  12% da mocidade. Ou o que é o mesmo, explicou,  “falantes parciais ou totais en español nas cidades de Ferrol e Vigo superan o 80% e na  Coruña ou Pontevedra máis do 75%”.

 Nas vilas entre 20 mil e 50 mil habitantes Vilagarcía ou Narón, engadiu, o proceso de substitución lingüística, de cambio do galego ao español, agudizouse enormemente pasando a porcentaxe de castelanfalantes entre mocidade do 44% ao 55% en só 10 anos. “Máis da metade, nunha  década”.

Rodil volveu a preguntar  polo contido  do  Plan   de normalización de usos da lingua galega, como se está  a elaborar, que   medidas o integrarán ou que liña discursiva seguirán despois de dicirlle durante anos á mocidade que traballar na defensa do idioma e procurar a súa presenza en todos os espazos  é unha imposición. “Vostedes racharon o consenso lingüístico e uso da lingua como arma electoralista antes do ano 2009”.

A deputada rematou a súa intervención preguntando ao titular de Educación e Cultura como pensaba o Partido popular emendar as consecuencias da súa política e discurso de “agresión contra o idioma galego”.

Pola súa parte, Román Rodríguez apostou por lograr un “consenso coa cidadanía para coñecer e impulsar o uso do galego”. Hoxe o galego está “normalizado practicamente en todos os ámbitos”, afirmou o conselleiro  ao que a deputada replicou  que “ o Partido popular é especialista en acusar ao BNG de alarmista” pero a realidade, dixo, é a que reflicten os datos elaborados polo Instituto Galego de Estatística con ”absoluta independencia e que poñen en riba da mesa unha realidade que é a que hai”:

A deputada reiterou que Galiza segue perdendo galegofalantes e mesmo en zonas rurais e da montaña ante o proceso de urbanización que  asimilou  unha cultura máis castelanizada. “Pídolle que non minta nin falte á verdade nesta tribuna”. Hai que actuar sobre a realidade para mudala, concluíu.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi