Plademar pedimos que se paren as obras de dragado no Peirao do Marqués en NOIA

XornalGalicia  25 Abril 2017  2011 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

cid ii 15ba250bd4e7a69cO Concello de Noia empezou onte as obras de dragado no Peirao do Marqués en Noia incumplindo o acordo de consultar coa veciñanza, outra "felonía mais do PPdeG na Xunta". 

O pasado día 30 de marzo Plademar pediu unha reunión co Grupo de Goberno do Concello e cos representantes dos partidos da oposición para que nos informasen sobre o que van facer alí e as medidas de seguridade medioambiental que van levar a cabo. A día de hoxe ainda non obtivemos ningunha resposta. 
Desde Plademar pedimos que se paren as obras de dragado ata que se cumpra o acordo prenario do pasado mes de xullo e se informe aos veciños sobre o proxecto que se vai a levar a cabo, sobre as medidas de seguridade que se van adoptar e, ademais, sobre quen se vai facer responsable se se contaminasen os bancos marisqueiros.